Chega ao iPhone a aplicación para obter información detallada dos nosos portos deportivos
mércores, 24 de outubro do 2012
A Asociación de
Clubs Náuticos Galegos (ASNAUGA)
vén de informar de que a aplicación de seu para fornecer aos
smartphones de
datos sobre as instalacións portuarias e entidades integradas na
asociación, xa
ten versión para iPhone na App Store. A ferramenta, que
como lembraremos
foi presentada o pasado verán, nun principio dispoñible para
trebellos con Android, permÃtenos, entre outras cousas, dispor de
datos detallados sobre os portos deportivos e clubs de ASNAUGA
e máis fotografÃas e xanelas directas ás instalacións, servizos
portuarios ou puntos de interese turÃstico das localidades que
contan coas ditas infraestruturas.
A aplicación tamén posibilita atopar
portos no mapa ou reservar estancias directamente dende a aplicación,
que, por certo, foi desenvolvida pola compañÃa viguesa Dosmasdos.
A
ferramenta colleu corpo grazas ao convenio de colaboración asinado
entre ASNAUGA e a SecretarÃa Xeral para o Turismo, para o
desenvolvemento de distintas actuacións relacionadas coas
tecnoloxÃas da información cara á potenciación e a promoción
turÃstica da costa galega, e en concreto dos portos deportivos e das
actividades que se desenvolven a través dos clubs náuticos. A
maiores da devandita aplicación para móbiles, déuselle forma a
unha iniciativa para instalar paneis dixitais informacións a pé de
porto.
