Os portos deportivos de Galicia estrean aplicación móbil
luns, 13 de agosto do 2012
A secretaria
xeral para o Turismo, Carmen Pardo, acompañada do delegado territorial da Xunta
de Galicia en Pontevedra, José Manuel Cores TourÃs, e o presidente da
Asociación de Clubs Naúticos de Galicia, Francisco Javier RuÃz de Cortázar,
presentou hoxe no Club Náutico de Portonovo as
novas ferramentas de promoción da Asociación de Clubs Náuticos Galegos (ASNAUGA).
Estas novas ferramentas, impleméntanse, grazas ao convenio de colaboración
asinado entre ASNAUGA e a SecretarÃa Xeral para o Turismo, para o desenvolvemento
de distintas actuacións relacionadas coas tecnoloxÃas da información cara á
potenciación e a promoción turÃstica da costa galega, e en concreto dos portos
deportivos e das actividades que se desenvolven a través dos clubs náuticos.

- A aplicación de ASNAUGA xa está dispoñible para móbiles co sistema operativo Android
AsÃ, neste ámbito, desenvolvéronse dúas aplicacións: unha para a instalación en
paneis dixitais informativos a pé de porto e unha aplicación móbil para poder
descargar información de utilidade a través de smartphones. Como consecuencia do desenvolvemento destas
aplicacións, adaptouse a súa páxina web aos novos sistemas de comunicación,
actualizándoa e facéndoa máis áxil e intuitiva.
Con este traballo, ASNAUGA busca consolidar unha guÃa náutica interactiva
baseada nas TIC na que os visitantes e navegantes poidan saber onde se atopan
situadas as instalacións e os clubs, asà como os seus portos deportivos e que
servizos teñen, ademais dos puntos de interese turÃstico.
Os usuarios de dispositivos con Android poden descargar a
aplicación oficial de ASNAUGA a través de Google Play, mentres que os
usuarios de iPhone deberán agardar uns dÃas a que esta ferramenta chegue á App
Store. A aplicación permite atopar portos no mapa, consultar información e
imaxes sobre un porto en particular e reservar estancias directamente dende a
aplicación, que foi desenvolvida pola compañÃa viguesa Dosmasdos.

- Imaxes da aplicación móbil de ASNAUGA para Android
