Axóuxere Games estrea o seu segundo xogo para Xbox 360

luns, 22 de abril do 2013 Marcus Fernández

O estudio galego de videoxogos Axóuxere Games, encabezado polo creativo Adrián Rodríguez e o desenvolvedor Antonio Gundín, ofreceunos na súa traxectoria diversos xogos para dispositivos Android como Trap Ball, Shuriken Training e Planetary Shield, é este último deu nos últimos días un importante salto para chegar a un público diferente, pois incorporouse á categoría de xogos independentes do Bazar de Xbox LIVE, polo que os usuarios da Xbox 360 poden adquirilo por 80 Microsoft Points (uns 0,96 euros), estando tamén dispoñible unha versión de proba de balde.
Este novo xogo contou coa colaboración de Jesús Iglesias, tradutor para España de El Señor de los Anillos. La Trilogía Cinematográfica. La Exposición, e trátase dun xogo de habilidade que consiste en destruír os meteoritos que se dirixen á Terra e que irán debilitando uns escudos ata a súa destrución. Aparte de lanzar bolas de enerxía para destruír os meteoritos, tamén hai que manexar a naves de salvamento que foxen da Terra e poderanse conseguir obxectos adicionais como mísiles que destrúen os meteoritos próximos ou elementos que rexeneran o escudo ou dan invulnerabilidade por un tempo limitado.

PUBLICIDADE