Shuriken Training, novo xogo galego para Android

venres, 1 de xuño do 2012 Marcus Fernández

O estudo galego de videoxogos Axouxere Games, estreado no sector co xogo para dispositivos Android Trap Ball (dispoñible para PC dende o pasado 23 de abril, e en breve tamén a través para Xbox 360), chega cun novo título, Shuriken Training, xogo de balde para Android que permite adestrar no lanzamento de shurikens eliminando a numerosos ninjas que van aparecendo na pantalla e que debemos localizar inclinando o terminal móbil (mecánica que pode lembrarnos ao clásico de 1987 Prohibition), e aos que podemos derrotar arroxándolles shurikens deslizando o dedo pola pantalla táctil do noso dispositivo móbil.
O xogo está dispoñible en galego, español e inglés, conta con 100 niveis repartidos en tramos de 10 fases e a súa publicación en Google Play debemos agradecerlla ao creativo Adrián Rodríguez e ao desenvolvedor Antonio Gundín, que forman o equipo de Axouxere Games, e que, pese aos seus recursos limitados da creación independente, aspiran a levar os seus xogos a máis plataformas (como iOS e PS Vita) no futuro, converténdose nun estudo de videoxogos a ter en conta.


Vídeo no que podemos ver o xogo en funcionamento

Shuriken Training permítenos xogar a ser ninja no móbil

PUBLICIDADE