Algúns editores de comics, revistas e libros de texto toman posicións fronte ao iPad
xoves, 28 de xaneiro do 2010
O anuncio do iPad
de Apple veu acompañado pola aplicación iBooks que abrÃa o trebello
oficialmente aos libros electrónicos, á vez que The New York Times amosaba as
posibilidades da adaptación da prensa ao novo produto estrela da compañÃa de
Cupertino, de aà que non sorprende que os editores de comics xa estean a mirar
se poderÃan comercializar os seus produtos para o novo dispositivo, o que
parece bastante probable se temos en conta que xa na actualidade existen aplicacións
para o iPhone coma ComiXology ou iVerse que permiten a lectura de banda
deseñada, pese ás limitación de pantalla do móbil de Apple.
Que a pantalla do iPad sexa de 9,7 polgadas, cunha resolución de 1.024 x 768
pÃxeles, posibilita
a lectura de moitos comics (non todos, pois dependerÃa da densidade
do seu texto), e asà xa comenta que ComiXology está a adaptar a súa aplicación para iPhone
ao novo tamaño, e incluso contan
cun vÃdeo de proba de concepto
do que será, demostrando que a nivel de aplicación non supón ningún reto, senón
que serÃan os contidos comercializados para o iPad os que decidan se o trebello
será un lector de comics ideal ou deixará esta prestación nun plano secundario.
|
|

- Pixelmags facilita a adaptación de revistas ao iPhone
Polo momento, nin Marvel nin DC (as principais editoras de comics nos EE.UU.)
anunciaron a súa postura fronte ao iPad, pero non sorprenderÃa que lanzasen as
súas propias aplicacións para o dispositivo de Apple, pois non esquezamos que a
propia Marvel leva máis de 2 anos comercializando comics dixitais para o
ordenador, e ten unha reducida parte do seu catálogo dispoñible a
través de ComiXology.
Loxicamente, se o sector das viñetas mira ao iPad, os editores de revistas en
papel tamén están moi atentos ao produto, e teñen certa confianza en que este
tipo de dispositivos poidan manter a viabilidade dos seus negocios a
medio/longo prazo, posto que permitirÃa a compra/subscrición de exemplares
periódicos das súas publicacións, de aà que estean
a xurdir distintas iniciativas para axudar á conversión de formatos aos novos
soportes, coma PixelMags,
que permite levar as revistas á pantalla do iPhone de xeito moi doado,
agardando que en pouco tempo teñan lista a súa aplicación tamén para o iPad, o
que agradecerán especialmente os pequenos editores, que non poden realizar
grandes investimentos en novos ámbitos de negocio, de xeito que poden
introducirse neste novo mercado cun risco practicamente nulo.

- Inkling traballa na adaptación de libros de texto a novos soportes
Máis complicado o teñen os editores de libros de texto destinados á docencia, de aà que a compañÃa Inkling conseguise 1 millón de dólares en capital semente para emprender a súa actividade de converter os libros de texto estáticos que hai na actualidade nun formato enriquecido e innovador que poida cambiar o xeito de aprender e estudar no futuro, con ferramentas que faciliten a creación de elementos interactivos dos que poidan tirar proveito os editores. De todos os xeitos, dende Inkling non centran a súa actividade ao iPad ou ao iPhone, senón que oriéntanse a distintos soportes, buscando a máxima versatilidade, tendo incluso en conta a alta conectividade de futuros terminais que permitirÃan a interacción de alumnos e profesores dun xeito que actualmente entendemos coma de ficción cientÃfica.
