SICON

Deputacin de Pontevedra

O noso boletín por e-mail conta xa con 3033 lectores. ¡Subscríbete!
Código Cero

Diario de Novas Tecnolóxicas de Galicia

Marvel inicia a revolución dixital do mundo do cómic

mércores 14 de novembro do 2007, por Marcus Fernández | | Compartir | |

A editorial de comics Marvel non quere entrar timidamente no sector dos comics en formato dixital (coma DC coa súa iniciativa Zuda Comics) e así estrea a súa liña Digital Comics que permite o acceso ó seu catálogo de historietas mediante subscrición de 9,99 dólares/mes ou 59,88 dólares/ano, comezando a operar o servizo cuns 2.500 títulos con clásicos coma Spider-Man, os Catro Fantásticos ou Hulk, ós que se irán incorporando 20 novos títulos á semana.
Esta nova iniciativa de Marvel permite non só acceder ás novidades editoriais, senón que tamén abre a posibilidade de consultar clásicos coma os primeiros números das súas coleccións, todo sen instalar ningún tipo de aplicación informática adicional, xa que os comics se poden ler directamente dende o navegador de Internet.
Para que os usuarios poidan decidir se empregan este novo servizo se poden consultar as primeiras páxinas duns 250 títulos, que amosan unha calidade gráfica elevada xa que proveñen do material gráfico que se emprega para a produción dos comics impresos.
Este novo xeito de comercialización de comics mediante subscrición choca frontalmente con estratexias de pago por unidade que parecen establecidas noutros mercados culturais a través da Rede, e podería marcar o futuro da explotación da novena arte en formato dixital

 

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.
Rúa Conxo de Arriba 49- 1 C
15706 Santiago de Compostela
Teléfono-fax:981 53 02 68
redaccion@codigocero.com

 RSS