Artigos desta sección
Até 2.400 pemes da provincia de Lugo recibiron máis de 9 millóns a través do Kit Dixital
O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e Alberto Martínez, director xeral de Red.es, presidiron este mércores 8 de marzo, no Consistorio de Monforte, un encontro para informar ao empresariado da Ribeira Sacra dos avances e do impacto que está tendo na provincia a liña de axudas do Kit Dixital e o programa Acelera PEME. Uns proxectos, que tal e (...)
Ler máisO grupo GRISAMP (USC) prepara un videoxogo, unha plataforma e un app de envellecemento activo
O grupo de investigación en Saúde Mental e Psicopatoloxía (GRISAMP) da USC compartiu novos detalles sobre o seu proxecto TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) para mellorar a saúde e a calidade de vida das persoas maiores. A día de hoxe, o grupo está avaliando a eficacia que pode acadar no ámbito do envellecemento activo un videoxogo en liña, unha (...)
Ler máisTelecomunicación e as empresas recoñeceron o alumnado de novo ingreso co mellor expediente
A excelencia académica dos futuros investigadores Adriana Pazos, Pablo Sanz e Daniela Sanz (que posúen, con notas superiores a 13,20, os mellores expedientes de novo ingreso no Grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación no concurso 2022-2023) foi recoñecida este martes 7 de marzo nun acto que por vez primeira organizou a Escola de Enxeñaría de (...)
Ler máisMáis de 5.300 axudas de Kit Dixital xa foron concedidas na provincia da Coruña
Na mañá deste mércores 8 de marzo celebrouse unha reunión entre o presidente da Cámara da Coruña, Antonio Couceiro; os directores xenerais de Cámara de Comercio de España, Inmaculada Rise, e de Red.es, Alberto Martínez Lacambra; e co delegado do Gobierno en Galicia, José Manuel Miñones, para abordar os retos do programa Kit Dixital na Coruña e a súa área de (...)
Ler máisGAIN expón os instrumentos autonómicos para innovar no sector primario e visualiza casos de éxito
Na mañá deste mércores 8 de marzo celebrouse a xornada A innovación no sector primario, transformando os recursos en competitividade, na que se falou das liñas de apoio á innovación nas empresas deste sector mobilizadas polas distintas consellerías a través do primeiro Mapa conxunto de apoio á I+D+i 2023 de Galicia. Estiveron presentes a directora da Axencia (...)
Ler máisMiñones comproba na Coruña a dixitalización da pastelería Habaziro e fai balance do Kit Dixital en Galicia
José Miñones, delegado do Goberno en Galicia, e Alberto Martínez Lacambra, director xeral de Red.es, comprobaron este mércores 8 de marzo a utilización dos bonos de dixitalización na empresa coruñesa Habaziro, pastelería artesanal da Coruña que foi obxecto dun proceso de transformación tecnolóxica grazas ao programa Kit Dixital. Miñones dixo que este programa está (...)
Ler máisUnha proposta de lei nos EE.UU. podería prohibir TikTok
Un grupo de senadores estadounidenses (Tammy Baldwin, Deb Fischer, Joe Manchin, Michael Bennet, Dan Sullivan, Kirsten Gillibrand, Susan Collins, Martin Heinrich e Mitt Romney) presentaron a Lei de restrición da aparición de ameazas de seguridade que poñen en risco as TIC tamén coñecida como RESTRICT Act, que pretende protexer aos EE.UU. das tecnoloxías que (...)
Ler máisAMTEGA abre a inscrición de Tecnólog@ por un día e do Programa Mentoring FP
A axencia AMTEGA (Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia) puxo en marcha dúas das iniciativas do Plan DigiTalent 2030 para fomentar as vocacións tecnolóxicas. Por un banda, ábrese o prazo de inscrición da oitava edición de Tecnólog@ por un día e, por outra, lánzase a primeira edición do Programa Mentoring (...)
Ler máisFriendship-Orcas lanza app para achegarnos coñecemento exhaustivo sobre as candorcas
O grupo de traballo Orca Atlántica – GTOA publicou unha aplicación para telefonía móbil que permite ás persoas usuarios coñecer a información dispoñíbel sobre as candorcas e sobre as variantes deste tipo de cetáceos que viven ou visitan as costas ibéricas. O lanzamento da ferramenta fíxose no marco do proxecto Friendship-Orcas. Podemos descargala dende a Play Store (...)
Ler máisA galega Femxa, finalista na categoría Peme pola Igualdade nos Premios CEPYME
A Confederación Española da Pequena e Mediana Empresa (CEPYME) seleccionou a empresa galega Femxa, pioneira estatal en formación a través dos novos formatos e canles (elearning), forma parte dos tres finalistas dos IX Premios da patronal na categoría Peme pola Igualdade. A cerimonia de entrega aos galardoados será o próximo 28 de marzo. “Con esta mención”, (...)
Ler máis0 | ... | 8830 | 8840 | 8850 | 8860 | 8870 | 8880 | 8890 | 8900 | 8910 | ... | 41010
