Artigos desta sección
A galega Impel organiza unha xornada sobre as esixencias do novo Código Técnico de Edificación (CTE)
A empresa galega Impel organiza este venres 27 a Xornada Técnica sobre o Código Técnico de Edificación, no Clube Financeiro da Coruña e con horario de 17.00 a 20.00 horas. O motivo desta xuntanza é botar luz sobre a recente entrada en vigor do CTE, polo que –entre outras cousas- os novos edificios que se constrúan en España terán que incluír un aproveitamento (...)
Ler máisAllofMP3.com segue a dar guerra
Tras múltiples críticas durante os pasados meses por parte da industria musical norteamericana, os servizo musical ruso AllofMP3, que permite a descarga de cancións a un prezo moito máis reducido ó dos seus competidores occidentais conservando a súa legalidade (xa que pagan o 15% dos seus ingresos á Asociación Rusa de Multimedia e Internet en concepto de (...)
Ler máisO Museo das Ciencias de Londres acollerá até finais de febreiro unha mostra de videoxogos dende as súas orixes
A tecnoloxía de hoxe, até a que nos parece máis avanzada de moderna, será pasto de mostras nostálxicas do mañá, ou incluso material para rescatar dos armarios pola época do Antroido. O paso do tempo pasa factura, e coa tecnoloxía é especialmente duro, acurtándose cada vez máis o prazo de vida dos diferentes aparellos: móbiles, computadores, cámaras, videoxogos, (...)
Ler máisLiveScience habilita un estudo sobre suposicións convertidas en mitos científicos (e viceversa)
O costume e a teimosía poden converter suposicións e ideas máis ou menos peregrinas en dogmas de fe, e viceversa. Unha resposta ocorrente no lugar axeitado (un bar cheo de xornalistas?) e no intre axeitado (os xornalistas están a piques de volver á redacción e teñen que levarlle algún tema candente ó seu xefe?) e o que doutro xeito parecería unha parvada acaba (...)
Ler máisReporteiros Sen Fronteiras protesta contra o control informativo do Goberno cubano en Internet
Os Gobernos de Cuba e China, tan afastados eles, e no que se refire a cuestións coma Internet coinciden ás veces camiñando polos mesmos carreiros da censura e o control, e se cadra sen sospeitalo (e a Estados Unidos tamén lle chega, como puidemos ver hai días co caso da nena investigada por dicir cousas feas de George Bush nun foro de Internet).O caso é que (...)
Ler máisINEO organiza este luns 23 unha xornada sobre as novas oportunidades de negocio que pode achegar o DNI dixital
O DNI dixital, malia que xa se comezou a expedir hai meses, segue a ser un misterio nos petos e nas carteiras de moitos cidadáns e empresas, sobre todo no que se refire ás súas posibilidades (corremos o risco de quedármonos na superficie).Co fin de botar un pouco de luz sobre esta cuestión, sobre todo no que se refire ó eido dos negocios, a Asociación (...)
Ler máisA Coruña terá un Museo Nacional da Ciencia e a Tecnoloxía
A avenida coruñesa de Labañou acollerá no edificio Prisma de Cristal o Museo Nacional da Ciencia e a Tecnoloxía, asinándose hoxe para tal fin un protocolo na casa consistorial sita na Praza de María Pita, nun acto no que o alcalde herculino, Javier Losada, se xuntará co secretario de Estado de Universidades, Miguel Ángel Quintanilla, e o presidente da (...)
Ler máisApple vendeu varios iPods con virus informáticos
Apple anunciou que menos do 1% dos iPod Video vendidos dende o 12 de setembro de 2006 incluían un virus para Windows nun ficheiro chamado RavMonE.exe que se pode eliminar de xeito doado cun antivirus actualizado, sendo un virus de baixo risco, e do que, sempre segundo Apple, se detectaron menos de 25 casos.Por suposto, aparte de eliminar o ficheiro (...)
Ler máisLibia encarga 1,2 millóns de portátiles 2B1 (do proxecto OLPC)
O fabricante taiwanés Quanta comezará a produción dos portátil 2B1 do proxecto One Laptop Per Child (ou portátil para cada neno) promovido polo MIT e Nicholas Negroponte que quere introducir ós cativos dos países en vías de desenvolvemento na Sociedade da Información, saltando a fenda dixital cuns equipos informáticos que pretenden reducir o seu prezo ata os 100 (...)
Ler máisAs pantallas de maior envergadura axudan á produtividade nas oficinas, segundo Apple
Sabíamos que hoxe en día unha das grandes claves da produtividade era ceibar os computadores dos xogos de cartas mais nesta redacción non se sospeitaba de que os folgos para unha meirande eficacia nas oficinas virían dados polo simple acto de cambiar pantallas pequenas por pantallas máis grandes. Así é, ou polo menos así se detalla neste (interesado?) estudo (...)
Ler máis0 | ... | 40920 | 40930 | 40940 | 40950 | 40960 | 40970 | 40980 | 40990 | 41000 | 41010
