Artigos desta sección
Inusual Comunicación Innovadora inaugura novas instalacións coa presenza da conselleira Lorenzana
A axencia Inusual Comunicación Innovadora inaugurou este mércores 27 de maio novas instalacións no Polígono de Bergondo, unha cita na que participou a conselleira de Emprego, María Jesús Lorenzana, que avogou por promover activamente a innovación para crear un ecosistema industrial atractivo para captar novas empresas e atraer e reter (...)
Ler máisO Observatorio Costeiro de Galicia mellora a monitoraxe do mar cunha nova boia en Muros
O Observatorio Costeiro da Xunta de Galicia procedeu este mércores 27 de maio a substituír a boia oceanográfica de Muros por unha nova de maior tamaño e mellores prestacións técnicas, co obxectivo de “reforzar a capacidade de observación mariña en tempo real das rías galegas”, segundo informou a Xunta, sinalando que a nova plataforma permitirá mellorar as (...)
Ler máisA Cátedra CAMELIA lidera a formación de IA en saúde no seu primeiro ano
A Cátedra USC-Plexus en Intelixencia Artificial aplicada á Medicina Personalizada de Precisión (CAMELIA) concluíu o seu primeiro ano como “referente en formación e investigación en intelixencia artificial aplicada á saúde”, segundo informaron as entidades impulsoras este mércores 27 de maio durante un acto no que se fixo balance do seu treito (...)
Ler máisGmail xa permite mudar de enderezo de correo electrónico
Google anuncio a finais do ano pasado que estaba a ultimar un mecanismo que permitiría mudar o enderezo de correo electrónico de Gmail dun xeito seguro, xa que tras mudar de nome de usuario o servizo continuaría a recibir mensaxes co nome anterior, evitando así perder mensaxes (especialmente se están asociados a servizos nos que os usuarios se desen de alta (...)
Ler máisO CPEIG e a Xunta galardoados co Premio Alcanza da Asociación Española de Banca polo seu programa Navega con Rumbo
Foi onte, 26 de maio, o acto de entrega dos galardóns Premio Alcanza, en Madrid, até a alí desprazouse Fernando Suárez, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), para recoller o recoñecemento ao programa Navega con Rumbo, na categoría de proxectos innovadores de capacitación dixital e ciberseguridade da Asociación Española (...)
Ler máisA Deputación da Coruña reúne no Pazo de Arenaza a emprendedores da provincia para abordar o impacto da IA
O Coworking do Pazo de Arenaza, en Oleiros, é este mércores 25 de maio un punto de encontro de startups, empresas, profesionais e axentes do ecosistema tecnolóxico galego. En concreto, estase a celebrar no Pazo unha nova edición da Startup Europe Week 2026, organizada pola Deputación da Coruña no marco do seu Plan de Emprego Local (...)
Ler máisEn xuño volve o curso de Vitae centrado na programación de aplicacións profesionais con IA
Xa as portas do verán, segue imparábel a maquinaria formativa da consultora galega Vitae, referente en actualizar os coñecementos do amplo colectivo de profesionais TI de Galicia e España. Sen ir máis lonxe, o 22 de xuño comeza a 6ª edición do curso Programación de Aplicacións Profesionais con IA, de 9 horas de duración. Desenvolverase os días 22, 23 e 25 de (...)
Ler máisA Secretaría da Lingua premia o proxecto Palabra no tempo de recuperación do léxico patrimonial do Courel
A Secretaría Xeral da Lingua e a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa da Xunta de Galicia fixeron pública a resolución da convocatoria de participación nos proxectos de innovación educativa en dinamización lingüística para os centros docentes de titularidade pública durante o curso académico 2025/2026. Entre os cinco proxectos seleccionados con (...)
Ler máisUnha aplicación preinstalada en móbiles de Motorola engade códigos de afiliación de Amazon
Usuarios de teléfonos Motorola descubriron un comportamento anómalo na aplicación Smart Feed preinstalada en varios dispositivos recentes da marca propiedade da chinesa Lenovo, que estaría interceptando a apertura de Amazon para redirixir os usuarios cara ligazóns con códigos de afiliación. O problema foi identificado inicialmente por un propietario dun Razr (...)
Ler máisCarmela López di que o novo Grao en IA da UNED é un paso estratéxico para o futuro de Lugo
A presidenta da Deputación de Lugo, Carmela López, participou este martes 26 de maio á tardiña xunto á directora da UNED Lugo, Ana Traseira, e o equipo directivo, na presentación da nova titulación en Intelixencia Artificial do centro universitario, que se implantará o vindeiro curso (...)
Ler máis0 | ... | 90 | 100 | 110 | 120 | 130 | 140 | 150 | 160 | 170 | ... | 41010
