A Leica D-Lux 8 quere reinar no mercado das compactas dixitais

venres, 24 de maio do 2024 Marcus Fernández

Nos últimos tempos estamos a ver como algunhas cámaras compactas convértense en auténticos obxectos de desexo, como a Fujifilm X100VI, que co seu aire retro converteuse nunha das cámaras máis solicitadas do mercado, con listaxe de agarda para a súa compra, pese a estarmos ante unha cámara con sensor APS-C cun prezo recomendado de 1.799 euros.
En vista desta situación dende Leica non queren perder a oportunidade de lanzar globalmente o vindeiro 2 de xullo a un prezo de 1.590 euros a nova Leica D-Lux 8, unha cámara cun sensor CMOS 4/3” de 22 Mpíxeles (17 Mpíxeles efectivos), obxectivo equivalente a un 24-75 milímetros, flash integrado e a novidade de incorporar compatibilidade co formato DNG (xunto co formato JPG).
Queda por ver se Leica consegue que a súa nova cámara conquista o corazón dos influentes que fixeron popular as compactas de Fujifilm, para así conseguir reeditar o éxito propio das cámaras de Leica.