A LaconNetwork e os Premios EGANET achéganse ao público a través do iPhone

mércores, 30 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

A confluencia da LaconNetwork e o acto de entrega dos Premios EGANET o vindeiro venres no Palacio de Congresos e Exposicións de Galicia en Santiago de Compostela promete converterse nun dos encontros do sector TIC máis importantes do ano, e para contribuír a esta iniciativa dende Bits for Meetings (servizo de creacións de aplicacións móbiles personalizadas para eventos que presentouse oficialmente no MobileCONGalicia hai pouco máis dun ano e naceu da colaboración de Primate Multimedia Ibérica e Ipoki Technologies) quixeron contribuír coa renovación da aplicación oficial da LaconNetwork para iPhone e a estrea dunha ferramenta semellante dedicada aos Premios EGANET.
Ambas aplicacións facilitan información sobre os eventos, permiten consultar nunha cronoloxía o que se comenta sobre os mesmos a través de Twitter, facilita a conexión con outros asistentes, permite localizar os encontros no mapa e tamén achega os seus programas, construíndo así unha solución móbil que resulta de utilidade para a asistencia aos eventos e a socialización no seu transcurso.

PUBLICIDADE