ReallyLateBooking gaña a primeira edición compostelá de AppCircus
venres, 9 de decembro do 2011
- A aplicación para Android Chove? presentouse con moito humor
Tras a
primeira edición
do MobileCONGalicia, o Edificio CERSIA acolleu a celebración do primeiro concurso
de aplicacións móbiles AppCircus que ten lugar na cidade compostelá, que
contou con Elena Pérez (Spartanbits), Alberto Ruibal (Mobialia), Miguel Silva
(Blusens) e Nacho Sánchez (InQBarna) como xurado in-stage, e no que 10 finalistas tiveron que amosar as súas
creacións para ver cal é o produto móbil máis destacable, o que ábrelle a porta
a participar nos Mobile Premier Awards 2012 que terán lugar na vindeira edición
do Mobile World Congress de Barcelona.
- Os responsables de Accegal defenderon a vocación social de PictoDroid Lite
Estaban en poxa polo galardón varias aplicacións de sumo interese: PictoDroid
Lite (aplicación para persoas con discapacidade que poden comunicarse valéndose
de pintogramas), Mussage (sistema de mensaxerÃa apoiado por librarÃas musicais
sincronizadas), Chove? (aplicación que achega información meteorolóxica dos
radares galegos), Rural Extremadura (guÃa de recurso xeolocalizados de
Estremadura), ReallyLateBooking (sistema de reservas de hoteis de última hora),
Escucha y Aprende Inglés (aplicación para aprender idiomas mediante o método
Binaurality), B4M (servizo de creación de aplicacións móbiles personalizadas
para eventos), Berokyo (aplicación para a xestión de arquivos en dispositivos e
na nube, organizándoos en estantes), Obradoiros Abertos (guÃa de obradoiros
artesáns xeolocalizados) e Absolute Defense (shoot’em up para dispositivos móbiles).
- ReallyLateBooking gañou a primeira edición de AppCircus en Compostela
Nas presentacións destacouse o valor social da aplicación desenvolvida por Accegal (o PictoDroid Lite), que facilita que, por exemplo, nenos autistas poidan comunicarse valéndose dunha sinxela interface; acadou grande complicidade coa audiencia Juan Porta ao presentar a súa aplicación Chove? (valéndose dun humor moi galego); e Sergio MartÃnez do Estudio256 co seu videoxogo para móbiles Absolute Defense serviu para chamar a atención da audiencia sobre a pouca presenza de proxectos deste tipo (pois parecÃa quedar claro que as aplicacións máis vendidas para dispositivos móbiles son os xogos). Pero finalmente a vitoria recaeu no produto presentado por Javier Pazos, ReallyLateBooking, unha aplicación que ofrece reservas de hotel para o mesmo dÃa, que está dispoñible tanto para Android como para iOS, e que nos vindeiros dÃas vai estrear unha nova versión que aproveita a xeolocalización para axilizar o seu uso e comeza a integrar redes sociais para a súa potenciación. Sen dúbida, un grande expoñente de aplicación móbil que demostra o seu valor polo mero feito de ser un produto vivo que está a ser explotado comercialmente con éxito.