nVIDIA propón combinar gamepad e tablet para unha boa experiencia de xogo portátil

mércores, 23 de xullo do 2014 Marcus Fernández

A proposta para o xogo portátil de nVIDIA que veu a luz hai un ano como froito do Project SHIELD, está a mudar de forma de xeito que á actual consola portátil con forma de gamepad de consola ao que se lle incorpora unha pantalla de 5 polgadas e que actualmente véndese por 199 dólares padece unha especie de segregación, de xeito que agora adopta a forma dun tablet con pantalla Full HD de 8 polgadas e grande potencia que custará 299,99 euros e que pode empregarse en conxunto cun mando semellante ao dunha consola tradicional, que custará 59,99 euros (que curiosamente conéctase a través de Wi-Fi Direct en vez do habitual Bluetooth), buscando así ser unha plataforma portátil un tanto distinta, que incluso podería empregarse en pantalla grande (conectando o tablet a un televisor). Estes produtos estarán dispoñibles en 21 días.
O SHIELD Tablet funciona cun procesador nVIDIA Tegra K1, 2 Gb de RAM, pantalla de 8 polgadas cunha resolución de 1.920 x 1.200 píxeles, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, saída mini HDMI, cámaras de 5 Mpíxeles con HDR, lapis dixitalizador, potencia dabondo para correr vídeo 4K e 2 modelos distintos: un básico con 16 Gb de almacenamento interno que venderase a 299 dólares e outro máis avanzado con 32 Gb de almacenamento interno e conectividade LTE cun prezo de 399 dólares (que sairá ao mercado un chisco máis tarde).
A plataforma nVIDIA SHIELD está pensada non só como unha solución para poder gozar aos mellores xogos para Android con grande calidade, senón que tamén permite que os usuarios de ordenadores con gráficas GeForce GTX poidan recibir os seus xogos para PC mediante streaming mediante a tecnoloxía GameStream. Ao contar con Android, tamén permite gozar de contidos multimedia e aplicacións móbiles, polo que o lecer non se limitaría aos videoxogos.

nVIDIA SHIELD pode conectarse ao televisor para gozar dos xogos en pantalla grande


Vídeo de presentación do SHIELD Tablet

PUBLICIDADE