nVIDIA Broadcast permite simular que miramos a cámara durante directos e videoconferencias
xoves, 12 de xaneiro do 2023
A ferramenta de nVIDIA que permite mellorar as nosas videoconferencias
e directos multimedia dende o fogar aplicando tecnoloxÃas que permiten eliminar
ruÃdos de fondo ou colocar fondos virtuais, nVIDIA
Broadcast, vén de actualizarse á versión 1.4 incorporando unha
funcionalidade, dispoñible para quen teña unha gráfica nVIDIA GeForce RTX da
serie 30 ou 40, que mudará substancialmente a percepción que deamos nas
comunicacións en vÃdeo, xa que aplica un efecto de movemento nos ollos da persoa
para que establezan contacto visual coa cámara, procurando manter unha cor de ollos
natural e mesmo os pestanexos, polo que mentres miramos á pantalla do ordenador
parecerá que estamos a mirar á persoa á que nos diriximos, mirándoa aos ollos.
Esta funcionalidade non só dará unha maior naturalidade aos videoconferencias,
senón que tamén resulta moi práctica para creadores de contido que queiran ler
un guión dando a impresión de que seguen a mirar a cámara e sen ter que
utilizar un teleprompter.
Dende nVIDIA lembran que esta nova prestación está en probas, polo que irá
mellorando paulatinamente, xa que recoñecen que ante os millóns de combinacións
de ollos e iluminacións é complicado afinar perfectamente o efecto, polo que convidan aos
usuarios a mandarlles vÃdeos de proba para axudar a afinar a intelixencia
artificial que fai posible esta caracterÃstica de nVIDIA Broadcast.
A aplicación tamén inclúe outras novidades nesta actualización, como unha
mellora na aplicación de fondos virtuais, que combinado con efectos de
desenfoque de fondo pode conseguir que unha imaxe captura por unha webcam poida
dar a impresión de estar tomada por unha cámara cunha mellor óptica.
A aplicación tamén integra un par de novos botóns que permiten tomar capturas
da webcam e tamén pór en espello a imaxe (funcións moi demandadas polos
usuarios).