iZettle facilita os pagamentos con tarxeta de crédito dende móbiles ou tablets
xoves, 13 de decembro do 2012
Poder aceptar
pagamentos con tarxetas bancarias pode ser un problema, especialmente en
mobilidade, e para solucionar este problema iZettle chega a
España cunha solución que permite converter smartphones e tablets en puntos
de venda mediante o uso dun adaptador dispoñible para o porto tradicional dos
trebellos de Apple ou dun modelo para unha toma de auriculares estándar que, en
combinación cunha aplicación para
iOS ou para
Android (existe unha completa
listaxe de móbiles compatibles) permite aceptar pagamentos con tarxeta
cunhas condicións bastante vantaxosas: cobran unha comisión do 2,75% por transacción,
cos adaptadores para a lectura de tarxetas bancarias de balde por tempo
limitado (funcionan con tarxetas MasterCard, VISA e American Express). O
servizo carece de contratos de longa duración e de comisións fixas.
O funcionamento de iZettle é moi doado: a través da súa aplicación hai que
introducir o importe a pagar, inserir a tarxeta ao lector, solicitar ao cliente
que asine directamente na pantalla do noso terminal móbil para verificar o
pagamento e poder optar logo á impresión do correspondente recibo ou o seu
envÃo por correo electrónico.
O servizo de pagamentos de iZettle está
dispoñible tanto para empresas como para particulares, de xeito que tanto
poderÃa empregarse para un pequeno negocio como para un profesional que queira
aproveitar esta posibilidade para cobrar polos seus produtos ou servizos.
- iZettle tamén está dispoñible para moitos móbiles con Android