Xa podemos descargar Firefox 17 en galego
martes, 20 de novembro do 2012
O navegador web de Mozilla actualÃzase hoxe, de xeito que xa
podemos descargar
o Firefox 17 en galego nas súas versións para Windows, OS
X e Linux,
que entre as súas principais novidades conta coa primeira revisión da Social
API e soporte para Facebook Messenger, asà como unha importante mellora de
seguridade/estabilidade que acada mediante o bloqueo
preventivo complementos que non estean debidamente actualizados, de xeito
que só entrarán en funcionamento coa participación activa do usuario, o que
consideran que é un xeito máis amigable de advertir da obsolescencia dos
complementos que teñamos instalados.
A barra de dirección tamén conta con iconas máis grandes, o soporte de HTML5
inclúe o atributo Sandbox para iframes
(o que supón un incremento da seguridade), corrixe numerosos fallos detectados
e tamén di
adeus aos usuarios de Mac OS X 10.5 Leopard,
de xeito que os equipos de Apple que consideran obsoletos deixarán de contar
oficialmente con novas versións de Firefox. O abandono de Leopard decidiuse en función do reducido número de usuarios de tal
plataforma que data xa de hai 5 anos, de xeito que os recursos liberados
aproveitaranse para desenvolver algunhas das últimas funcionalidades de OS X,
como o modo de pantalla completa e as ferramentas de accesibilidade.
- Facebook Messenger en Firefox 17