Artigos desta sección
A Coruña celebrará unha das 4 eliminatorias do Campionato Pokémon 2009
Este sábado comezan en 4 cidades españolas (A Coruña, Barcelona, Madrid e Sevilla) as fases eliminatorias do Campionato Pokémon 2009, no que se enfrontan adestradores Pokémon de todo o mundo dentro dos xogos para Nintendo DS Pokémon Diamante ou Pokémon Perla.
Ler máisEstopa estará presente nun novo Lips
Aproveitando a celebración do E3 de Los Ángeles, o grupo musical Estopa deu a coñecer varias novas sobre o grupo con respecto do sector dos videoxogos, confirmando o lanzamento dun novo Lips de música española e incluso existe a posibilidade de que lancen unha versión do xogo só con música do dúo de (...)
Ler máisFinal Fantasy XIV non será exclusivo para PS3
Resulta preocupante que comecemos a ver coma normal que os estudos mintan descaradamente ao público ao asegurar que os seus xogos serán exclusivos para unha plataforma determinada cando en moitos casos tal exclusividade será só temporal, aínda que algúns casos son máis descarados que outros, coma o anuncio de Sony de que para 2010 publicaría o xogo Final (...)
Ler máisChega ás tendas Los Sims 3
Hoxe chega ás tendas española o agardado Los Sims 3, que está dispoñible tanto para ordenadores PC e Mac como para teléfonos móbiles (incluíndo unha excelente versión para iPhone e iPod Touch), polo que onte a xente de Electronic Arts quixo presentar oficialmente o xogo nun evento que contou coa presenza da actriz Natalia Verbeke, auto-proclamada superfan dos (...)
Ler máisO remake de TMNT: Turtles in Time sairá no verán
Grazas á celebración do E3 sabemos que o xogo Teenage Mutant Ninja Turtles: Turtles in Time Re-shelled chegará ao Bazar de Xbox LIVE a finais de xullo, polo que parece probable que saia á venda en plena Comic-Con de San Diego (evento comiqueiro de referencia que ten lugar entre os días 23 e 26 de xullo). O xogo é un remake dun clásico dos salóns recreativos (...)
Ler máisTetris chega aos 125 millóns de copias en 24 anos de vida
Coa cantidades de plataformas de xogo que hai na actualidade é difícil estimar o número de copias que venden algúns títulos que teñen longa vida e pasan por distintas xeracións de consolas de videoxogos, terminais móbiles e ordenadores, pero posiblemente sexa certo que o xogo máis vendido da historia é Tetris, que este mes cumpre 24 anos e estiman que acadou (...)
Ler máisThe Secret of Monkey Island volverá por partida dobre
A aventura gráfica The Secret of Monkey Island que Lucasfilms Games lanzara para Atari ST, Mac e PC en 1990 terá este verán unha Special Edition para Xbox 360 e PC, que será un remake da primeira entrega da saga protagonizada por Guybrush Treepwood, que agora contará con gráficos en alta resolución, voces e nova banda sonora, conservando exactamente a mecánica (...)
Ler máisAmosan cómo será graficamente The Beatles Rock Band
Aproveitando a celebración da feira E3, o xogo The Beatles Rock Band amosouse ao público durante a presentación de Microsoft, nun evento no que fixeron acto de presenza Paul McCarteny e Ringo Starr, e no que tamén púidose ver cómo será o xogo en acción.
Ler máisDJ Hero contará con mesturas exclusivas elaboradas por coñecidos DJ
Un dos xogos musicais máis interesantes deste ano é o DJ Hero, que collerá a mecánica de xogos coma os Guitar Hero e a aplicará a mestura de temas de estilos coma o hip-hop, o pop, o rock e moitos máis, confirmándose xa que contará con temas de Black Eyed Peas, 50 Cent, Justice, Marvin Gaya, Beck, Beastie Boys e N.E.R.D. entre as máis de 100 cancións (...)
Ler máisAdaptan o xogo Space Ace ao iPhone
Na actualidade moitas películas en DVD inclúen entre os seus extras uns pequenos xogos para entreter aos cativos, algo que en 1983 e 1984 xa permitían as máquinas recreativas de Dragon’s Lair 1 e 2 e Space Ace, grazas á integración no seu interior dun Laser Disc con secuencias de animación obra de Don Bluth. Estas obras calaron profundamente entre o público, o (...)
Ler máis0 | ... | 5580 | 5590 | 5600 | 5610 | 5620 | 5630 | 5640 | 5650 | 5660 | ... | 6630