Venetica un novo RPG para PC e Xbox 360
mércores, 21 de xaneiro do 2009
Dtp anunciou novos
detalles do xogo que está a desenvolver para PC e Xbox 360, Venetica,
que non introduce na pel da nova e fermosa filla da Morte, Scarlett, quen
emprende unha viaxe fantástica a Venecia para loitar contra o mal. O personaxe,
aparte de poder moverse por rúas, canles, tellados e casas tamén
pode comunicarse cos mortos saltando ao Mundo
do Crepúsculo, o que permÃtelle acceder a elementos únicos no
xogo, para o que deberá adestrarse no uso de habilidades sobrenaturais.
O inimigo de Scarlett será o malvado nigromante Victor, que se fixo cos poderes
da Morte e ameaza a todo o mundo. Os seus axudantes transfórmanse no xogo en
enormes monstros aos que haberá que derrotar, pero non todos os personaxes
serán inimigos, senón que outros será unha axuda, coma un par de pantasmas que descobren
portas ocultas e amosan distintos trucos a Scarlett neste xogo RPG de acción
que aposta por unha historia profunda na que nos poderemos introducir cando
chegue ás tendas Venetica ao longo
deste ano.
- Scarlett enfrontarase a enormes monstros en Venetica