Twitter permite compartir chíos cun círculo reducido de usuarios

martes, 30 de agosto do 2022 Marcus Fernández

Nos últimos meses Twitter estivo a explorar fórmulas de limitar o alcance dos chíos, por unha banda mediante conversas temáticas en Comunidades, e por outra, limitando as publicacións a un grupo reducido de usuarios escollidos, e finalmente a función de Círculo de Twitter chega a todos os usuarios.
Co Círculo de Twitter os usuarios teñen agora a flexibilidade de elixir chío a chío quen pode ver e interactuar o seu contido. Deste xeito faise máis doado manter conversas máis íntimas e establecer conexións máis estreitas con determinados seareiros.
A nova función está xa dispoñible a través das apps móbiles e da páxina web de Twitter a nivel global.
Agora, antes de publicar en Twitter, haberá a opción de escoller se estará visible para todos os seareiros ou para unha listaxe de até 150 usuarios que pode mudarse en calquera momento, quedando os chíos publicados nun círculo etiquetados cunha insignia verde debaixo, que indica que a súa visibilidade está reducida e non poderán rechouchiarse nin compartirse.

PUBLICIDADE