ToponimÃzate e os seus recursos dixitais rematan o ano de xira pola nosa terra
martes, 10 de decembro do 2019
O
programa para a recuperación e posta en valor dos nosos nomes de
lugar, o
programa ToponimÃzate e todas as vertentes tecnolóxicas que o
acompañan (incluÃda unha aplicación móbil), están a rematar o
ano cunha nova xira polas nosas vilas e cidades: unha andaina por
16 localidades da Rede de Dinamización LingüÃstica (RDL). Trátase
da terceira edición do programa, impulsado novamente pola Real
Academia Galega (RAG) e a SecretarÃa Xeral de PolÃtica LingüÃstica
(ConsellerÃa de Cultura e Turismo).
Estas
son as vilas incluÃdas na nova andaina: Mazaricos, Manzaneda,
Ribadavia, Cambados, Beariz, Ordes, Guitiriz, LalÃn, Taboada, MuxÃa,
Noia, Folgoso do Courel, Cerdedo-Cotobade, Pazos de Borbén, Vilalba
e tamén O Bierzo. Malia que moitas das actividades de ToponimÃzate
xa pasaron (comezaron a finais de novembro), aÃnda estamos a tempo
para participar nas seguintes citas: o 16 de decembro ás 14.30 horas
no CPI Poeta UxÃo Novoneyra de Folgoso do Courel; o 17 de decembro,
ás 15.45 horas, na sala de usos múltiples de Cerdedo
(Cerdedo-Cotobade), o 19 ás 12.30 horas no auditorio da Casa do
Concello de Pazos de Borbén, e o 27 ás 20.00 horas na Casa de
Cultura de Vilalba.
Como
dixemos, a RAG e PolÃtica LingüÃstica volven ser as entidades
responsábeis deste programa de promoción da lingua para concellos
da RDL, que toma como alicerce os nosos nomes de lugar. A acción
volve enmarcarse nos proxectos Toponimia de Galicia e GeoArpad,
coordinados ambos os dous desde a ConsellerÃa de Vicepresidencia,
Administracións Públicas e Xustiza, coa colaboración da AMTEGA e
da ConsellerÃa de Cultura e Turismo. Conta coas contribucións do
académico correspondente Gonzalo Navaza para a elaboración da
información sobre a orixe e o significado dos nomes dos concellos,
parroquias e aldeas.
Os
encontros céntranse na toponimia galega (nos motivos da abundancia
de nomes de lugar no paÃs, toponimia galega como patrimonio
inmaterial...) e tamén na propia de cada concello (significados dos
nomes das parroquias e das aldeas) e en como consultar a toponimia
xeorreferenciada de cada municipio no Buscador de topónimos ou nas
utilidades desta ferramenta TIC.
Toda
a información e o calendario de sesións irase actualizando no
Portal da Lingua Galega.