San Francisco comeza a habilitar 1.100 marquesiñas solares con Wi-Fi
martes, 2 de xuño do 2009
As marquesiñas, como tantas outras cousas, non teñen por que servir só para agardar ao bus, ou para meternos debaixo cando chove, ou para procurar palique coa veciñanza. O seu potencial é moi semellante ao de toda sala de espera: practicamente todo o mundo quere coñecemento e comunicación mentres agarda, ben sexa a través dun libro ou unha revista ou ben rompéndolle a cabeza aos que están sentados á súa beira (ou deixándolles que lla rompan). Tendo en conta isto e tendo en conta que non sempre hai un libro ou un viaxeiro co que falar ao alcance da man, introducir o acceso a Internet para estes tempos de espera non semella unha mala opción. E máis aÃnda cando o servizo é autosostible e se abastece da luz do sol a través de placas solares.
Segundo conta a web La Vida Wifi, isto mesmo é o que vén de poñer en marcha o Concello de San Francisco (Estados Unidos): ata 1.100 marquesiñas a instalar entre o dÃa de hoxe e o ano 2013 e todas elas equipadas con baterÃas de enerxÃa solar para dar corda, á súa vez, a dispositivos de iluminación LEDs e, maiores, routers sen fÃos para o acceso a Internet.
As marquesiñas en cuestión, desenvolvidas por Lundberg Design e contratadas pola firma Clear Channel Outdoor (empresa especializada en habilitar anuncios nas paradas de autobús), inclúen na súa parte alta un sistema de policarbonato reciclado inserido nunhas láminas fotovoltaicas. Este equipamento alimentará o panel de visualización informativo da propia parada de autobús, tecnoloxÃa que segue a liña de rendibilidade enerxética de toda a instalación e que, a través das lámpadas LED, só empregarán 76 vatios (a diferenza dos 336 que precisan as comúns).
Todo este sistema servirá, a maiores, para manter operativo o router de acceso á Rede que inclúe cada unha das marquesiñas.
