Samsung advirte: a tecnoloxÃa 3D pode provocar mareos e desorientación
martes, 20 de abril do 2010
O cinema, logo da tecnoloxÃa 3D, nunca será o mesmo. Para ben ou para mal, depende de quen o vexa e como se vexa. Dende logo, os tempos en que os filmes se proxectaban con raias e empalmes e habÃa que facer calar ás persoas que estaban preto para non perder os diálogos, hai tempo que ficaron atrás. O que gaña terreo é o son a todo volume e a imaxe que che sae o paso grazas á mestura de tecnoloxÃa e anteollos 3D, elementos que están ben se a calidade do filme acompaña e se seguimos unha serie de consellos. Como por exemplo os que achega Samsung, discutibles porque pode vir dunha opinión interesada pero aos que cómpre ter en conta ao tratarse dunha tecnoloxÃa relativamente nova aÃnda por descubrir. Segundo reflicte Xornal, entre as instrucións máis salientables aconséllase suprimir calquera luz fluorescente ou solar do espazo de proxección.
Amais disto, e xa meténdonos en cuestións de saúde mental, non é recomendable acudir ás salas 3D se temos problemas de sono, malas condicións fÃsicas ou ben unha cantidade máis ou menos considerable de alcol no corpo. Dito doutro xeito: cómpre que levemos a cabo unha autoanálise semellante á que fariamos antes de subir a unha montaña rusa. De non pórse en xogo estas e outras normas do sentido común, estariamos (en palabras da casa Samsung) a crear unha situación propicia para mareos, alteracións da visión, tics, confusión, náusea, perda da consciencia, cambras ou desorientación.
