Redeincuba recibe este mércores o seu pulo definitivo
martes, 15 de novembro do 2011
O Edificio
Emprendia da Universidade de Santiago acolle este mércores, a partir do
mediodÃa, a posta en longo oficial dunha iniciativa dirixida a fomentar novas
empresas de raÃz innovadora e tecnolóxica e, a maiores, contribuÃr a que se
fortalezan no mercado a través de todo tipo de canles de colaboración con
outras empresas, entidades ou axentes de financiamento. Estamos a falar da
Redeincuba, un acubillo de novas firmas que ten a súa sede no dito Edificio e
que recibe mañá o seu pulo definitivo coa sinatura protocolaria de constitución,
acto ao que asistirán os membros da xunta directiva e máis outras autoridades e
persoeiros da vida académica e polÃtica.
Redincuba é unha iniciativa posta en
marcha polas universidades galegas e outras entidades de impulso empresarial
como Uninova, Tecnópole de Ourense, a Cidade Tecnolóxica de Vigo, a Fundación
CEL de Lugo, o Consorcio da Zona Franca de Vigo ou o CEI-Nodus (Lugo). Máis
polo miúdo, a Rede de Incubadoras de Empresas Innovadoras e Tecnolóxicas é unha
entidade sen arela de lucro promovida por Uninova cuxo obxectivo principal é
ser un instrumento de referencia en materia de creación de empresas, asà como
un elemento facilitador da cooperación entre axentes implicados na posta en
marcha de novos negocios, e tamén, de transferencia tecnolóxica.
