R organiza unha nova edición das súas Xornadas Tecnolóxicas
martes, 9 de xuño do 2026
Analizar os cambios do contexto global e avaliar eses cambios para convertelos nunha vantaxe competitiva para as empresas é o obxectivo dunha nova edición das Xornadas Tecnolóxicas de R, baixo o título de: Mentes dixitais- Innovación. O encontro terá lugar o xoves 18 de xuño ás 9:00 no restaurante Árbore da Veira (A Coruña).
Nestas xornadas de R falarase sobre intelixencia artificial, a toma de decisións e do papel real da tecnoloxía nunha contorna onde o impacto xa non se mide en promesas, senón en resultados.
Os relatores deste evento serán: Alberto Ruiz Gallardón (Exministro de Xustiza de España), quen dará unha charla titulada: Redefinición do equilibrio de poder entre países a través da innovación.
Tamén estará Antonio Ortiz (experto en intelixencia artificial e tendencias en tecnoloxías dixitais) quen falará sobre Converter a innovación en resultados.
Para participar nestas Xornadas Tecnolóxicas de R cómpre inscribirse en liña.
A axenda do encontro é a seguinte:
- 9:00: Recepción de asistentes.
- 9:15: Comezo da xornada e benvida a cargo de Alfredo Ramos (director de R).
- 9:30: Redefinición do equilibrio de poder entre países a través da innovación. Relator: Alberto Ruiz Gallardón.
- 10:25: Como converter a innovación en resultados. Relator: Antonio Ortiz.
- 11:15: Premios aleluIA.
- 11:30: Peche da xornada.
- 11:45: Brunch.
