Miguel Corgos destaca que Ourense e o Ceciga converteranse no epicentro da ciberseguridade
martes, 9 de xuño do 2026
O conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos, destacou hoxe que Ourense e o Ceciga están chamados a converterse nun referente da ciberseguridade, un ámbito fundamental para avanzar na soberanÃa dixital e na especialización tecnolóxica de Galicia.
«Cando falamos de intelixencia artificial, pensamos na Coruña, onde conseguimos a implantación da Axencia Estatal de Supervisión da IA e consolidamos a Cidade das TIC; cando falamos de telecomunicacións, pensamos en Vigo; cando falamos de vehÃculos aéreos non tripulados, pensamos en Lugo; e cando falamos de ciberseguridade, pensamos en Ourense, onde se está a construÃr o Centro de Excelencia en Ciberseguridade de Galicia», afirmou. Segundo indicou, a súa posta en funcionamento permitirá situar Galicia na vangarda da protección fronte ás ameazas dixitais.
Na inauguración da xornada Ciberseguridade Aplicada, protexendo ás empresas galegas nun mundo dixital, Corgos lembrou que a Xunta destinou desde 2022 arredor de 45 millóns de euros a actuacións de ciberseguridade na Administración autonómica. Tamén puxo en valor a aposta pola colaboración público-privada a través do Nodo CIBER.GAL, integrado por máis de medio cento de empresas galegas, ademais das universidades e centros de investigación da Comunidade. A actividade desta estrutura para afrontar os desafÃos da ciberseguridade desenvolverase en Ourense.
Corgos tamén fixo referencia ao proxecto RETECH, no que participa Galicia e que inclúe unha rede de laboratorios e centros demostradores de ciberseguridade. Esta iniciativa permitirá reforzar o posicionamento galego en ámbitos como o vehÃculo autónomo e as aeronaves non tripuladas.
No marco deste mesmo proxecto, destacou que Ourense albergará a aula-laboratorio de referencia de Galicia para os estudos de ciberseguridade na Formación Profesional.
O conselleiro lembrou ademais que a Xunta impulsa campañas de sensibilización sobre os riscos asociados ao uso das tecnoloxÃas dixitais, que xa chegaron a máis de dous millóns de persoas. A estas accións súmanse iniciativas dirixidas á mellora das competencias no tecido empresarial, entre elas o lanzamento de oito novos cursos formativos.
«Estamos a desenvolver un conxunto de actuacións que permitirán situar Galicia entre os territorios máis avanzados na protección fronte ás ameazas derivadas da constante evolución das tecnoloxÃas dixitais», concluÃu.
