Princess Peach: Showtime! chega a Nintendo Switch

venres, 22 de marzo do 2024 Marcus Fernández

Unha das cousas que quedaron claras cando se estreou a película cinematográfica de Super Mario Bros. é que a Princesa Peach xa non era a dama en apuros que tiña que ser salvada polo fontaneiro máis coñecido do mundo dos videoxogos, e para confirmar este cambio de perspectiva chega hoxe ás tendas Princess Peach: Showtime!, un xogo para Nintendo Switch que pode adquirirse por 59,99 euros e do que tamén está dispoñible unha versión de demostración para poder probalo antes de adquirilo.
Nesta nova aventura da Princesa Peach a protagonista terá que enfrontarse a unha misteriosa e malvada figura enmascarada que se apoderou do Teatro Esplendor, e para frustrar os sinistros plans de Grape poderá transformarse en espadachina, detective, loitadora de Kung-fu, reposteira, ninja, vaqueira, furtiva, patinadora, serea e superheroína, deixando claro que estamos ante un xogo que contará cunha grande variedade de desafíos que superar.

Tráiler de lanzamento de Princess Peach: Showtime!

PUBLICIDADE