Amazon Luna permitirá gozar dos xogos de GOG
luns, 18 de marzo do 2024
Hai 4 meses chegou a España a plataforma de xogo na nube de Amazon, Luna, que facilita aos xogadores con subscrición Prime o xogo a unha pequena selección de xogos, coa posibilidade de ampliar este catálogo contratando certos servizos de subscrición ou adquirindo xogos de Ubisoft na súa tenda en liña. Deste xeito podemos gozar de moitos tÃtulos en distintos no ordenador, nunha tableta, nun smartphone ou mesmo nun televisor sen ter que adquirir unha consola de videoxogos, xa que os xogos corren directamente na nube. Esta solución incluso permite aproveitar os mandos que xa teñamos (aÃnda que tamén ofrece a posibilidade de adquirir un mando especÃfico que mellora a experiencia de uso).
AÃnda que este servizo poderÃa correr a mesma sorte que Google Stadia, semella que non será asà grazas aos acordos aos que está a chegar Amazon, e, do mesmo xeito que hoxe podemos gozar dos tÃtulos de Ubisoft en Luna, veñen de anunciar que incluirán os xogos de GOG, tenda de xogos para PC que conta cun catálogo moi amplo de xogos (clásicos na súa meirande parte), de xeito que, poderá gozarse a través de streaming tanto de tÃtulos que precisan de grande potencia como Cyberpunk 2077, como de vellos xogos para PC que aÃnda funcionaban en MS-DOS, aÃnda que tampouco faltará quen queira aproveitar para gozar de xogos que inicialmente saÃron para consola, como God of War, Horizon Zero Dawn, Days Gone ou Uncharted: Legacy of Thieves Collection (que estes dÃas están de rebaixas).
Estamos ante unha asociación que mellora considerablemente a oferta de valor de GOG (xa que todos os xogos que merquemos nesa plataforma poderemos xogalos a través de Luna) e tamén incremente as posibilidades de Luna (evitando que a plataforma sexa ignorada como aconteceu con Stadia).
Espérase que os xogos de GOG cheguen a Amazon Luna en breve, aÃnda que polo momento non detallan a data exacta deste grande pulo para a plataforma de streaming de xogos de Amazon.