PlayStation VR2 podería funcionar en PC antes de rematar o ano

xoves, 22 de febreiro do 2024 Marcus Fernández

A PlayStation VR2 chegou cun catálogo de máis de 40 xogos, aos que nos 12 meses seguintes sumáronse título como Beat Saber, Synth Riders, Among Us VR ou Ghostbusters: Rise of the Ghost Lord. E agora, aproveitando o lanzamento de varios xogos máis como Wanderer: The Fragments of Fate ou Zombie Army VR comentan que están a facer probas para que os usuarios de PS VR2 poidan acceder a moitos máis xogos en PC, función que prevén poder lanzar este mesmo ano.
Non detallaron os plans concretos da compañía, pero podemos entender que van facer que a PlayStation VR2 sexa compatible con PC, de xeito que o dispositivo mellorará substancialmente o seu atractivo, xa que abriríase a moitos máis xogos de VR que os dispoñibles para PS5. Incluso poderían abrir a porta para que algúns dos xogos de VR de PS5 desen o paso de lanzarse para PC.

PUBLICIDADE