Panasonic anuncia a nova cámara Lumix L10
martes, 12 de maio do 2026
Panasonic presentou a nova Lumix L10, unha cámara compacta de óptica fixa coa que queren combinar un deseño clásico cunha experiencia de uso intuitiva e prestacións propias de modelos avanzados. O dispositivo, desenvolvido en Osaka, aposta por un corpo compacto e controis fÃsicos tradicionais orientados especialmente á fotografÃa de rúa, viaxes e uso cotián.
A Lumix L10 chega coincidindo co 25º aniversario da marca Lumix, motivo polo que estará dispoñible en tres acabados: negro, prata e unha edición especial Titanium Gold. Esta última incorpora detalles exclusivos como unha interface dourada nos menús, accesorios especÃficos e compatibilidade con botóns de disparo roscados para personalización estética. Panasonic comercializaraa de forma limitada principalmente a través da súa tenda oficial.
A cámara pesa arredor de 508 gramos e emprega un acabado exterior metálico combinado cunha textura inspirada no coiro saffiano. Panasonic destaca que a disposición dos controis está deseñada para facilitar o manexo cunha soa man e permitir ao fotógrafo concentrarse na composición sen distraccións.
O elemento máis destacado do equipo é o obxectivo Leica DC Vario-Summilux equivalente a 24-75 milÃmetros cunha apertura variable F1.7-2.8. O barril metálico inclúe anel de apertura manual e capacidade macro con enfoque automático a tan só 3 centÃmetros no extremo angular. A intención é ofrecer unha óptica versátil tanto para paisaxes como para retratos ou fotografÃa documental, mantendo un bokeh pronunciado e unha boa representación das transicións de luz e sombra.
No interior integra un sensor CMOS retroiluminado de tipo micro 4/3 semellante ao empregado na Lumix GH7, cunha resolución efectiva de 20,4 megapÃxeles e un total de 26,5 megapÃxeles fÃsicos. O procesador de imaxe de nova xeración inclúe Dynamic Range Boost para mellorar o rango dinámico e preservar máis detalle nas sombras.
A cámara tamén incorpora un sensor multiformato que permite disparar en proporcións 4:3, 3:2 e 16:9 mantendo practicamente o mesmo ángulo de visión. Esta funcionalidade, habitual en cámaras orientadas a entusiastas, facilita adaptar a composición a diferentes formatos sen modificar o encadre.
Panasonic reforza o apartado creativo con novas opcións de cor inspiradas en pelÃcula quÃmica. Os estilos fotográficos L.Classic e L.ClassicGold buscan reproducir tons suaves, cores menos saturadas e atmosferas cálidas de carácter nostálxico. A isto súmase o sistema Real Time LUT, que permite cargar táboas LUT personalizadas directamente na cámara para visualizar o resultado final en tempo real durante a captura.
A aplicación móbil Lumix Lab amplÃa estas posibilidades mediante Magic LUT, unha función baseada en intelixencia artificial capaz de xerar LUTs a partir de fotografÃas almacenadas no smartphone. A aplicación tamén facilita a edición RAW e a transferencia rápida de contidos ás redes sociais.
A Lumix L10 incorpora enfoque automático hÃbrido por detección de fase con 779 puntos de enfoque e sistemas de recoñecemento mediante IA para ollos, rostros, corpos, animais, vehÃculos e escenas deportivas urbanas. Tamén permite refoladas de ata 30 imaxes por segundo con obturador electrónico e arredor de 11 imaxes por segundo con obturador mecánico.
A experiencia de encadre complétase cun visor OLED de 2,36 millóns de puntos e unha pantalla articulada de 1,84 millóns de puntos optimizada tamén para composición vertical. Panasonic subliña ademais a compatibilidade con accesorios externos mediante zapata superior, permitindo empregar flashes ou micrófonos adicionais.
A nova Lumix L10 xa aparece en precompra na tenda estadounidense de Panasonic cun prezo de 1.599,99 dólares para o modelo Titanium Gold, mentres que negro e prata o prezo quedarÃa en 1.499,99 dólares. O prezo en España será de 1.499 euros para as versións prata e negro, e de 1.599 euros para a versión titanio.
VÃdeo no que presentan a nova Lumix L10
