Os ourives de Santiago preséntanse vÃa Web perante o mundo
xoves, 3 de abril do 2008
Hai ocasións en que para que unha tradición prevaleza, hai que apostar por algo que non teña nada que ver con esa tradición. Neste caso concreto, falamos da Internet. Coa Rede pasa isto todos os dÃas, e agora semella a quenda dun dos gremios locais máis antigos de Galiza: o dos ourives de Compostela, que segundo se nos conta estes dÃas en O Correo, están a presentar algo máis ca unha sinxela pero completa páxina web: un xeito de asegurar o seu facer para o futuro e de dalo a coñecer perante o eido internacional.
A web, que se vai facer pública hoxe ás 20 horas no salón de actos da Cámara Oficial de Comercio (no 44 da rúa San Pedro de Mezonzo), é só unha parte dun programa máis amplo encamiñado a fortalecer a liña de continuidade entre o pasado e o porvir.
En parte apoiándose na nova páxina facendo fronte común, o colectivo ten tamén para a súa nova andaina unha arela ben concreta: acadar a denominación de orixe. Con este fin, xa veñen de deseñar un logotipo da marca e de presentalo (precisamente) na súa páxina, un logotipo que segundo os responsables da asociación simboliza ante todo esa vontade de ficar no tempo, acorde co que hoxe acontece.
Segundo explica Soledad Mato (presidenta do colectivo) na dita reportaxe de O Correo, a web tamén vai estar orientada a informar de todo o relativo ós ourives e a mellorar as posibilidades de atopar e ofrecer emprego no sector, establecendo pontes entre os alumnos que saian da escola pública de Mestre Mateo e os propios empresarios. A web preséntase perante a comunidade en liña en galego e máis en castelán, pero en breve ofrecerase unha versión en inglés que certifique a súa arela de abranguer a maior porcentaxe de mundo posible.
