Os novos Moto G5 terán carcasa de aluminio
luns, 27 de febreiro do 2017
Hai un par de semanas filtráronse
as especificacións dos novos Moto G5 e Moto G5 Plus, confirmándose a
veracidade de tal información ao chegar o Mobile World Congress, onde estes
novos smartphones de gama media fixéronse oficiais, desvelando finalmente os
seus prezos e confirmándose como uns produtos moi competitivos.
O Moto G5 é un smartphone
con carcasa de aluminio (novidade na familia Moto G), procesador Qualcomm
Snapdragon 430, 2/3 GB de RAM, 16 GB de almacenamento interno (ampliable
mediante tarxetas microSD de até 128 GB), pantalla Full HD de 5 polgadas, cámara
traseira de 13 MpÃxeles con apertura f/2.0, cámara frontal de 5 MpÃxeles con
flash en pantalla, Bluetooth 4.2, Wi-Fi N, lector de pegadas dixitais e baterÃa
de 2.800 mAh que promete durar todo dÃa. Probablemente convértase nun móbil moi
recomendado polo seu prezo de 199 euros con 2 GB de RAM e 209 euros con 3 GB de
RAM (prezos de saÃda no mes de marzo).
Pero o smartphone que serÃa realmente atractivo serÃa o Moto G5 Plus, non só
porque a súa pantalla Full HD medre até as 5,2 polgadas e o seu procesador mude
a un Qualcomm Snapdragon 625, senón porque a súa cámara traseira mellore
considerablemente, contando agora cun sensor de 12 MpÃxeles, unha apertura f/1.7
e flash LED de dobre ton, sendo tamén capaz de gravar vÃdeo en 4K. Amais, a súa
baterÃa medra até os 3.000 mAh (que pode conseguir até 6 horas de autonomÃa con
só 15 minutos de carga) e no modelo europeo contaremos con NFC (para facilitar
os pagamentos co móbil). O seu prezo será de 229 euros con 2 GB de RAM e 32 GB
de almacenamento interno, e de 279 euros con 3 GB de RAM e 32 GB de
almacenamento.
- O Moto G5 Plus ten unha cámara traseira con apertura f/1.7 e NFC, factores que marcan a diferenza fronte ao modelo básico