Os españois, á cabeza da UE en materia de piraterÃa
luns, 30 de abril do 2007
A Academia de cine, a FAP e EGEDA (por unha banda) e o CIS (pola outra) veñen de dar a coñecer uns datos sobre España e o consumo de lecer dixital que, sen dúbida, van traer consigo opinións encontradas (e tanto). Haberá quen os vexa con bos ollos, quen lles quite ferro e mesmo quen non dubide en bater con xenio enriba da mesa máis próxima á súa man. Falamos do seguinte: os Ãndices de piraterÃa no eido das pelÃculas. E tamén deste outro tema: a porcentaxe de cidadáns que teñen mercado copias piratas de filmes, CDs ou xogos.
En España, o Ãndice de piraterÃa chega a unha taxa do 32%, cifra que sitúa ó paÃs xusto na cabeza da Unión Europea no que a esta práctica se refire. Os datos dados a coñecer pola Academia de Cine, a FAP e EGEDA (reunidas no foro Primeira Mesa do Cine: Todos contra a PiraterÃa) proceden un estudo da consultora GFK, no que tamén se especifica que en España efectuáronse o ano pasado máis de 132 millóns de descargas de filmes dende a Rede, sendo a previsión que esa cifra chegue ós 200 millóns nos seguintes doce meses.
Segundo se fixo saber no dito foro, os sectores máis prexudicados pola piraterÃa son (obviamente) todos os vinculados coa industria do cinema, onde se teñen rexistrado perdas de case o 63%, danos que se reflicten no peche de ata 750 videoclubs ou na perda de ata 1.800 postos de traballo, engade a investigación. Estes e outros datos (continúa) rematarán definitivamente coas expectativas de crecemento do sector.
Polo que respecta a información achegada estes dÃas polo Centro de Investigación Sociolóxicas (CIS), cómpre sinalar que a taxa de españois que ten mercado en algunha ocasión material de lecer dixital distribuÃdo ilegalmente é do 35%, o 8% dos cales faino decote. Ademais, sinala a investigación, máis da metade dos cidadáns do estado aproba a descarga e o intercambio de ficheiros de software, textos, música ou vÃdeos pola Rede.
