Os AirPods Pro melloran en calidade sonora e autonomÃa
mércores, 7 de setembro do 2022
Os AirPods Pro de Apple van
camiño dos tres anos, polo que parecÃa inevitable a súa renovación, aÃnda
que sexa simplemente para ofrecer algo novo aos usuarios que tivesen que substituÃr
os seus auriculares sen fÃos por mor da degradación da súa baterÃa, de aà que
fose bastante previsible o anuncio dos AirPods Pro de segunda xeración,
que basicamente limÃtanse a mellorar a súa calidade de son e a súa cancelación
de ruÃdo activa para manterse como referente na súa gama de produto.
Os novos AirPods Pro incorporan o novo chip H2, o que permÃtelles un rendemento
de audio espectacular e melloras significativas na cancelación de ruÃdo activa
e no modo de son ambiente, contando tamén con audio especial e permitindo agora
o axuste de volume directamente dende un control táctil situado na parte
cilÃndrica dos auriculares.
Os AirPods Pro tamén melloran a súa autonomÃa (até 6 horas coa cancelación de
ruÃdo activada, o que supón unah mellora de hora e media), contan cun estoxo de
carga totalmente renovado (compatible co cargador MagSafe, cun enganche para
correa e con tecnoloxÃa de busca de precisión, que xunto cun altofalante
facilita a localización do estoxo en caso de perda) e para mellorar o seu axuste
inclúen un tamaño máis de almofadas.
O seu prezo será de 299 euros, chegando ás tendas o vindeiro 23 de setembro.