Optoma presenta un novo proxector 3D Full HD
luns, 8 de abril do 2013
AÃnda
que os proxectores de vÃdeo con capacidades 3D levan xa un tempo no mercado,
poucos son os que contan cunha boa resolución de imaxe a un bo prezo, de aà que
presenten o Optoma
HD30, que é capaz de proxectar unha imaxe de alta definición a 1.080p e ten
un prezo de 1.299 euros no que inclúe 2 pares de lentes 3D ZF2100 (que
funcionan mediante un emisor sen fÃos cun rango de cobertura de ata 40 metros e
sen os problemas propios dos sistemas por infravermellos).
Este proxector DLP ten unha luminosidade de 1.600 lumenes ANSI, lámpada cunha
vida dunhas 6.000 horas, procesador de audio SRS WOW HD, altofalantes de 16 W,
e numerosas entradas (2 portos HDMI 1.4a, VGA, vÃdeo composto e jack de audio
de 3,5 milÃmetros), que o converten nunha solución axeitada para amosar
contidos de reprodutores multimedia e incluso consolas de videoxogos, que poden
achegar unha experiencia especialmente inmersiva proxectando unha pantalla panorámica
cunha diagonal de entre 0,96 e 7,64 metros a unha distancia de entre 1,2 e 10
metros.
- O proxector DLP conta con 2 entradas HDMI 1.4a (3D)