Oppo traerá os seus R7 e R7 Plus a Europa
mércores, 20 de maio do 2015
O
fabricante chinés Oppo é dos poucos que non só se atreve a sacar dispositivos
de alta gama con deseño coidado e prezos relativamente contidos, senón que
incluso ousa a distribuÃlos directamente en Europa a través da súa tenda en
liña, achegando ao público europeo smartphones realmente potentes e elegantes
que conseguen destacar nun mercado monopolizado por unhas poucas marcas, e para
continuar a mellorar o seu catálogo porán á venda o mes que vén os seus
teléfonos R7 e R7 Plus.
O Oppo R7 é un atractivo
smartphone con pantalla AMOLED Full HD de 5 polgadas, que funciona cun
procesador Qualcomm Snapdragon 615 de 8 núcleos a 1,5 GHz, 3 GB de RAM, 16 GB
de almacenamento interno ampliable mediante microSD, cámara traseira de 13 MpÃxeles
con sensor BSI Sony Exmor IMX214 (con HDR e gravación de vÃdeo a 4K), cámara
frontal de 8 MpÃxeles (pensando nos populares selfies), LTE, Wi-Fi N, Bluetooth 4.0, baterÃa de 2.320 mAh (cun
sistema de carga ultra-rápido que permÃtelle chegar ao 75% da súa carga en só
30 minutos), un grosor de 6,3 milÃmetros e un peso de 147 gramos, que como principal
eiva terÃa que o seu sistema operativo (ColorOS 2.1) chega nunha versión
baseada en Android 4.4. Conta con dúas bandexas para tarxetas SIM, unha de
tamaño micro SIM e unha segunda de tamaño nano SIM, podendo esta última
empregarse para albergar unha tarxeta microSD en caso de non precisar dunha
segunda tarxeta telefónica. Espérase que teña un prezo duns 360 euros cando
saia á venda a mediados de xuño.
Pola súa banda o Oppo R7 Plus
opta por una pantalla AMOLED Full HD de 6 polgadas, mellorando tamén na súa
capacidade de almacenamento interna (32 GB), na capacidade da súa baterÃa
(4.100 mAh), na súa conectividade sen fÃos (este modelo soportarÃa Wi-Fi AC) e
incluso sorprenderÃa chegando con ColorOS 2.1 baseada en Android 5.1 (o que
poderÃa dar a entender que o seu irmán pequeno poderÃa actualizarse a Lollipop a poucas semanas do seu
lanzamento). Por desgraza as melloras de hardware veñen acompañadas por un
maior grosor (7,76 milÃmetros), maior peso (203 gramos) e un prezo tamén
superior (uns 430 euros). Este terminal posiblemente non estea dispoñible até o
mes de agosto.
Estes novos smartphones con corpo metálico irÃan na liña de terminais premium marcada por fabricantes como
Apple, deixando constancia que o uso de materiais de calidade e os deseños
elegantes non son exclusivos de teléfonos de máis de 600 euros.
- As cámaras frontais dos novos teléfonos de Oppo son de 8 MpÃxeles, coidando asà o detalle das auto-fotos