OnePlus entra no negocio das pulseiras de actividade
luns, 11 de xaneiro do 2021
Cada vez son máis os fabricantes chineses de smartphones que
incorporan ao seu catálogo pulseiras de actividade, de xeito que asà achegan
aos seus clientes un produto de moda sen que teñan que recorrer a outras
marcas, e o último en sumarse á tendencia é OnePlus, que vén de estrear na
India a OnePlus Band.
Este produto vai na liña do que xa estamos afeitos, presentando un deseño de
correa en dúas cores, unha pantalla AMOLED de 1,1 polgadas con numerosas aspectos
personalizables, resistencia á auga, monitorización do pulso cardÃaco (durante
o exercicio, o descanso e o sono), 13 modos deportivos e incluso monitorización
continua da saturación de osÃxeno en sangue (o que pode axudar a detectar
problemas de saúde).
Por suposto, este accesorio tamén serve para recibir notificacións do móbil,
controlar a reprodución multimedia ou disparar a cámara do móbil a distancia
podendo presumir dunha autonomÃa de até 14 dÃas e dun prezo de lanzamento de só
2.499 rupias (28 euros), polo que estamos ante un accesorio tan completo como
accesible, que previsiblemente terá un prezo superior cando chegue ao mercado europeo, pero mantendo o equilibrio que ultimamente caracteriza a OnePlus.
VÃdeo promocional da OnePlus Band