O2 estrea unha tarifa de fibra e móbil por 30 euros/mes

venres, 15 de outubro do 2021 Marcus Fernández

O operador de baixo custo de Movistar, O2, vén de renovar as súas tarifas de fibra e móbil, o que de xeito xeral tradúcese na ampliación dos datos móbiles da súa tarifa con 600 Mbps de velocidade de fibra de 50 a 60 GB ao mes mantendo o prezo de 50 euros/mes, mentres que os usuarios de zonas autorizadas polos organismos de competencia poderán gozar tamén dunha nova tarifa que por 30 euros/mes ofrece 100 Mbps de fibra, teléfono fixo e 10 GB de datos no móbil, así como chamadas ilimitadas a móbiles e fixos en ambas liñas de telefonía, o que convértese nunha das ofertas máis atractivas do mercado para os que basicamente buscan estar conectados á Rede mediante banda larga.
O2 xa conta con outras ofertas específicas para zonas de alta competencia (unha con 500 Mbps de velocidade e 30 GB de datos no móbil por 44 euros/mes e outra con 300 Mbps de velocidade de fibra e 25 GB de datos móbiles por 38 euros/mes, que anteriormente tiña unha velocidade de 100 Mbps), que xunto á nova oferta de 30 euros/mes no caso galego poden contratarse en Ames, Arteixo, Betanzos, Boiro, Cambre, Carballo, A Coruña, Culleredo, Fene, Ferrol, Narón, Noia, Oleiros, Ribeira, Sada, Santiago de Compostela, Lugo, Viveiro, Cambados, Cangas, Marín, Moaña, Pontevedra, O Porriño, Ponteareas, Vigo e Vilagarcía de Arousa, por ser zonas nas que a CNMC considera que hai competencia nos acceso á Rede mediante fibra.
Estas tarifas do operador de baixo custo de Movistar carecen de compromiso de permanencia e inclúen instalacións de balde e router HGU, permitindo tamén a contratación de até 4 liñas móbiles adicionais.

PUBLICIDADE