O son sen perdas a través de Bluetooth será realidade na segunda metade do ano
martes, 1 de marzo do 2022
Aparte
de numerosas tecnoloxÃas orientadas á 5G, Qualcomm aproveitou a celebración do
Mobile World Congress para dar conta do lanzamento
do dúas novas plataformas de audio, a Qualcomm S5 Sound Platform (QCC517x)
e a Qualcomm S3 Sound Platform (QCC307x), que ofrecerán unha das vantaxes máis
agardadas nos últimos meses: a posibilidade de gozar de son sen perdas en
calidade CD (16 bits a 44,1 kHz) a través de Bluetooth.
Pero estas novas plataformas non só facilitan calidade CD a través de
Bluetooth, senón que tamén poden servir para transmitir son en alta resolución
(24 bits a 96 kHz), ofrecen chamadas con moita maior calidades (32 kHz),
prometen unha conexión máis robusta incluso en zonas moi saturadas, permiten
que os creadores de contido poidan gravar en estéreo e tamén inclúen modo gaming
cunha latencia de só 68 milisegundos. Outras funcións interesantes serÃan o
modo dual (que permite compartir audio cun consumo reducido), conectividade
multipunto (para facilitar a transición entre varios dispositivos Bluetooth) e
soporte da tecnoloxÃa de cancelación de ruÃdo activa adaptativa de Qualcomm.
Comezaremos a ver produtos que aproveiten estas novas plataformas de Qualcomm
na segunda metade do ano.