O portal galego Twin Shoes presenta este mércores os seus recursos para a busca de parella

martes, 18 de outubro do 2011 Fernando Sarasketa

Twin Shoes, unha das iniciativas galegas en liña recoñecidas na pasada edición dos Premios INNOVA-G, está irrompendo de xeito ben notábel no noso panorama internauta e, tamén, no de máis alá: a rede global. Para ir creando a máxima repercusión, os creadores deste portal, encamiñado a facilitarnos a busca de parella estábel, van organizar este mércores 19 unha festa de presentación á que xa confirmaron asistencia máis de 200 persoas. A cita será en Santiago de Compostela, no Bar Deluxe, emprazado na rúa Santiago de Chile.
Os internautas elixiron a Twin Shoes como a mellor <em>start-up</em> galegaAo acto acudirán, entre outros profesionais galegos do sector, a promotora e directora desta nova iniciativa, a psicóloga compostelá Itziar Villar, quen fará fincapé no que representa este portal para o panorama internauta: trátase da primeira web destas características posta en marcha con capital galego e dirixida a tódalas persoas ceibes, separadas ou divorciadas que desexen atopar parella.
O acto servirá entre outras cousas para dar a coñecer o funcionamento do test de afinidade con posibilidade de personalización que inclúe o portal do que estamos a falar, amais do seu buscador avanzado. Como dixemos, Twin Shoes obtivo o pasado venres un dos premios da máis recente edición dos INNOVA-G, convocados por AGESTIC. Concretamente, o recoñecemento foi nas categorías de mellor start-up galega e mellor emprendedora/or TIC 2.0

PUBLICIDADE