O novos Moto Z apostan pola potencia e a modularidade
xoves, 9 de xuño do 2016
Lenovo confirmou a morte da familia de móbiles Moto X
presentando hoxe o Moto Z e o Moto Z Force, smartphones que inicialmente só van
comercializarse nos EE.UU. e que son dos terminais máis destacables dos últimos
meses pola súa delgadeza e a posibilidade de mellorar as súas prestacións mediante
módulos que poden suxeitarse de xeito magnético.
O Moto Z
é un smartphone con pantalla AMOLED de 5,5 polgadas e resolución Quad HD,
procesador Qualcomm Snapdragon 820, 4 GB de RAM, 32/64 GB de almacenamento
interno, cámara traseira de 13 MpÃxeles, estabilización óptica de imaxe,
apertura f/1.8 e flash de dobre LED,
cámara frontal de 5 MpÃxeles, apertura f/(2.2 e flash, Wi-Fi AC, Bluetooth 4.1,
USB-C (para a carga, a conectividade de datos e incluso para conectar uns
auriculares para os que inclúe un adaptador), lector de pegadas dixitais, NFC,
resistencia á auga, baterÃa de 2.600 mAh (que permitirÃa unhas 30 hora de uso),
sistema de carga rápida TurboPower (que permite usar o móbil durante 8 horas
tras só 15 minutos de carga), un grosor de 5,19 milÃmetros, un peso de 136
gramos e sistema operativo Android 6.0.1, que suma asà unhas especificacións
que serÃan do mellor que podemos atopar actualmente no mercado.
O Moto
Z Force, pola súa banda, engorda até os 6,99 milÃmetros, o que permÃtenlle
mellorar a súa cámara até os 21 MpÃxeles e a súa baterÃa até os 3.500 mAh (achegándose
unha autonomÃa de até 40 horas).
VÃdeo promocional do Moto Z
Moto Mods
- Un módulo poderá converter o Moto Z nun proxector
Pero o máis rechamante da presentación de Lenovo foron os Moto Mods, módulos para os Moto Z actuais (confiando en que tamén funcionen nalgunhas versións futuras) que se adhiren ao teléfono magneticamente engadÃndolle funcionalidades e que non só acompañan asà á proposta modular do LG G5, senón que melloran substancialmente a súa mecánica de uso (a súa colocación e axuste resulta moi doada grazas ao seu sistema de potentes imáns), conseguindo un resultado moi rechamante que inicialmente conta con varios módulos distintos: o Moto Insta-Share Projector (un pico-proxector capaz de converter o smartphone nun video-proxector que xera imaxes de até 70 polgadas), o JBL SoundBoost (que engade ao móbil un altofalante de alta potencia e calidade) e as Incipio offGRID Power Packs (que amplÃan a capacidade da baterÃa interna podendo chegar a incrementar a autonomÃa en até 20 horas). Amais, esta tecnoloxÃa está aberta a desenvolvedores, de xeito que poderán crearse novos módulos que poidan ampliar asà as funcionalidades dos potentes Moto Z ou permitan aproveitar eses smartphones para usos profesionais moi especÃficos. Aparte dos módulos avanzados, tamén estarán dispoñibles carcasas Moto Style Shell que empreguen a suxeición magnética para colocarse no smartphone e darlle un toque de estilo especial.
VÃdeo promocional das Moto Mods