O derbi Madrid-Barça, reclamo para o lanzamento masivo de malware
luns, 12 de abril do 2010
Todo o que ten repercusión na nosa vida real, teno tamén na vida hacker. O detonante, a cousa que fai que os correos lixo tiren partido dun tema social concreto co obxectivo de conseguir datos ou cartos, non é outra cousa que o interese amosado. A máis interese sobre algo (HaitÃ, corrupción polÃtica, Chile, catástrofe aérea en Polonia), máis merda informativa e máis tentativas de roubo co anzol dos datos. O derbi do sábado que enfrontou ao Real Madrid co F. C. Barcelona non foi unha excepción. Quen fai malware na Rede sabÃa ben que os requirimentos de datos sobre o partido Ãan ser grandes, polo que cumprÃa estar á altura. Segundo informa PandaLabs, todo isto traduciuse nun medre importante da actividade en liña de enderezos web falsos que usaron como carnada a retransmisión en vivo do encontro.
A finalidade, unha vez máis, era a de distribuÃr falsos programas antivirus. O funcionamento da campaña foi a seguinte: solicitándolle a instalación dun novo programa aos internautas que chegasen ao sitio-trampa en cuestión a cambio de permitirlles a visualización en streaming do partido. A partir da descarga, comeza a infección co autolanzamento de mensaxes dende o computador infectado, mensaxes que advirten da chegada de virus e da necesidade de instalar outro software, desta vez un antivirus comercial. Sobra dicir que comprar esta ferramenta é o mesmo que botar os cartos ao lixo. Asemade, tamén se detectou os dÃas pasados unha alta actividade malware ofrecendo imaxes inéditas do sinistro aéreo do presidente polaco, asà como do campionato de Moto GP.
