O comercio electrónico de urxencia duplÃcase nestas datas
luns, 28 de decembro do 2009
A Rede é estes dÃas un fervedoiro de compras e vendas. Os motivos deste repunte son ben doados de atopar: estamos cada dÃa máis fartos de perder unha boa parte do noso tempo en longas fileiras de coches camiño dos centros comerciais e, ademais, na Rede soe haber máis variedade para unha bo número de produtos. Con todo, tamén hai algún que outro punto negativo: a través da Internet non podemos tocar e ver o artigo e, amais, estaremos á vontade de Correos e dos servizos de mensaxeirÃa, que estes dÃas están, por asà dicilo, botando fume. Porén, mercar en liña ábrese camiño (e máis agora que hai cada vez máis métodos para garantir a seguridade das operacións), tal e como se reflicte en Pixmania.com, onde a experiencia de vendas a través de Internet nos dÃas do Nadal ten un aquel de analoxÃa coa reactivación do negocio hostaleiro no verán.
AsÃ, dende a canle de vendas veñen constatando nos últimos tempos un medre nas vendas do 50% nas xornadas previas á festividade na que estamos inmersos, duplicándose tamén o fluxo de visitas e o número de visitantes únicos á páxina web, e todo isto malia o que dixemos ao comezo deste texto: que a saturación das canles de distribución dos produtos reais non permite en moitos casos o cumprimento dos prazos solicitados. Ou sexa, que ninguén se leve as mans á cabeza se descubre que o agasallo que tiña preparado entregar non chega a tempo para a data máis apropiada.
