O apagamento analóxico chega o 30 de xuño a trinta e nove concellos da Coruña
mércores, 11 de marzo do 2009
A entidade ImpulsaTDT, centrada como o seu propio nome indica en conseguir que non fique un só segredo por desvelar relativo á Televisión Dixital Terrestre, vén de dar a coñecer os datos referidos ao proceso do apagamento analóxico na provincia da Coruña. Segundo conta a entidade, o 30 de xuño de 2009 o devandito proceso de substitución definitiva dunha tecnoloxÃa (a analóxica, a de toda a vida) por outra (a dixital, de meirande calidade de imaxe e son e con maior oferta de programas e opcións de interactividade) afectará a 39 concellos da provincia. Isto significa, entre outras cousas, que pasarán a recibir de xeito exclusivo o sinal da televisión pola nova infraestrutura e sen posibilidade de volver atrás. Máis concretamente, indica ImpulsaTDT, a cifra de coruñeses afectados por este primeiro cese de emisións será de arredor de 330.000 persoas, chegando os números a nivel español aos 5 millóns de cidadáns.
Por certo que dada a proximidade do proceso, a provincia da Coruña, que forma parte da fase primeira do Plan Nacional de Transición, vai ser obxecto nas vindeiras semanas dun reforzamento na estratexia divulgativa sobre as vantaxes, funcións e caracterÃsticas da TDT.
Baixo o lema A TDT adiántase na túa localidade, os 39 concellos devanditos acollerán a distribución de folletos informativos, porta por porta, encamiñados a relembrar os pasos precisos para levar a cabo de xeito correcto a transición, entre os que se inclúe a adaptación das antenas colectivas (hoxe en dÃa, un eido non traballado como serÃa de agardar: calcúlase que aÃnda restan en toda España 60.000 edificios con estas infraestruturas pendentes do proceso de adaptación).
A continuación, damos conta da listaxe de concellos afectados: Ames, Arzúa, A Baña, Boimorto, Boqueixón, Brión, Carnota, Cee, Corcubión, DumbrÃa, Fisterra, Frades, Lousame, Mazaricos, Melide, MesÃa, Muros, MuxÃa, Negreira, Noia, Ordes, Oroso, Outes, Padrón, O Pino, Porto do Son, Rois, Santa Comba, Santiago de Compostela, Santiso, Sobrado, Teo, Toques, Tordoia, Touro, Trazo, Val do Dubra, Vedra e Vilasantar.
