O ZUK Edge presume de pantalla case sen marcos laterais

xoves, 22 de decembro do 2016 Marcus Fernández

A marca ZUK de Lenovo continúa moi viva, e para actualizar o seu catálogo de smartphones veñen de incorporar o ZUK Edge, un smartphone con pantalla Full HD de 5,5 polgadas con Corning Gorilla Glass 2.5D e un ángulo de visión de 178 graos que presume de ocupar o 86,4% da superficie frontal do teléfono, reducindo considerablemente os marcos laterais (de aí o Edge do seu nome).
Este novo teléfono chega cun potente procesador Qualcomm Snapdragon 821, 4 ou 6 GB de RAM, 64 GB de almacenamento interno, cámara traseira de 13 Mpíxeles con enfoque automático de detección de fase e apertura f/2.2, cámara frontal de 8 Mpíxeles, lector dianteiro de pegadas dixitais U-Touch, toma de auriculares, dobre SIM e unha batería de 3.100 mAh que pode cargarse por USB-C.
Un terminal bastante interesante, que ofrécese a 2.299 iuans (316,29 euros) no seu modelo con 4 GB de RAM, e a 2.499 iuans (343,80 euros) con 6 GB de RAM, deixando claro que quere ser un terminal de elevadas prestacións para os que non queren realizar un elevado investimento económico.

O ZUK Edge ofrécese en branco e negro, e presenta un marco lateral moi reducido

PUBLICIDADE