O ZTE ZMAX PRO venderase nos EE.UU. por 99 dólares

luns, 18 de xullo do 2016 Marcus Fernández

Os fabricantes chineses comezan a afiar a unllas, e a atreverse a competir seriamente dentro dos mercados occidentais, destacando estes días a última xogada de ZTE, que anunciou que o vindeiro 1 de agosto vai pór á venda a través das tendas de MetroPCS nos EE.UU. o seu novo terminal ZTE ZMAX PRO, que sería o primeiro smartphone por menos de cen dólares en incluír lector de pegadas dixitais, batería de 3.400 mAh, cámaras de 13 e 5 Mpíxeles, 32 GB de almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSD de até 128 GB), procesador Qualcomm Snapdragon de 8 núcleos e 64 bits e unha enorme pantalla Full HD de 6 polgadas, converténdose probablemente na mellor oferta do mercado norteamericano durante o verán.
ZTE xa destacara comercializado para o operador T-Mobile o seu tabletófono ZMAX por menos de 200 dólares, e agora, tras incorporarlle un preciso e rápido lector de pegadas dixitais e reducir o seu prezo até os 99 dólares consegue situarse como un dos máis atractivos smartphones do mercado (ao que tamén contribúe que funcione con Android 6.0), sendo a súa característica máis notable, o tamaño, tanto o seu punto feble como o seu punto forte (xa que para moitos consumidores será o factor que determine a súa compra).

O ZMAX PRO preséntase nos EE.UU. como o smartphone con pantalla de 6 polgadas máis completo por só 99 dólares

Vídeo promocional do ZMAX PRO

PUBLICIDADE