O ZTE Axon 20 5G é o primeiro smartphone comercial que oculta a súa cámara frontal baixo a pantalla
mércores, 2 de setembro do 2020
ZTE cumpriu a súa promesa de presentar o primeiro smartphone
con cámara frontal oculta baixo a pantalla, o ZTE Axon 20 5G,
dispositivo que polo momento está dispoñible para o mercado chinés, e que vén a
ser un smartphone 5G na lÃña do Mi 10 Lite 5G ou do Realme X50 5G, dos que
diferénciase principalmente na innovación da cámara frontal, o que permitiralle
destacar nun mercado moi saturado.
Dende ZTE salientan que como fabricante destacado no mercado de smartphones
quixeron ser innovadoras e xuntaron varias tecnoloxÃas como materiais especiais,
chips de control dual, circuÃtos de control únicos, unha matriz de pÃxeles
especial e uns algoritmos para o disparo de selfies propietarios, conseguindo
asà que a súa división de investigación e desenvolvemento fixese realidade un tipo
de cámara frontal practicamente invisible, que de seguro van imitar outros
fabricantes nos vindeiros meses.
O ZTE Axon 20 5G é un smartphone con pantalla OLED Full HD+ de 6,92 polgadas que
agocha a mencionada cámara frontal, un lector de impresións dixitais e tamén un
altofalante. Está equipado cun procesador Qualcomm Snapdragon 765G (un dos máis
empregados actualmente entre os smartphones 5G de gama media), 6/8 GB de RAM,
128/256 GB de almacenamento interno, cámara traseira tripla cun sensor
principal de 64 MpÃxeles, cámara frontal de 32 MpÃxeles, NFC e baterÃa de 4.220
mAh con carga rápida de 30 watts, e pode mercarse en China a un prezo que parte
dos 2.198 iens (271 euros) para o modelo con 6 GB de RAM e 128 GB de
almacenamento, e chega até os 2.798 iens (345 euros) para a versión con 8 GB de
RAM e 256 GB de almacenamento interno. Uns prezos moi axustados para dispositivos
que incorporan unha funcionalidade innovadora, o que pode dar a entender que
tal cámara frontal será algo bastante común nos vindeiros meses.
- O ZTE Axon 20 5G chega ao mercado chinés nun rango de prezos que deixa claro que estamos ante un móbil de gama media