O Xiaomi Redmi Note 3 contará con carcasa metálica, lector de pegadas dixitais e baterÃa de 4.000 mAh
martes, 24 de novembro do 2015
Nos últimos meses está a causar furor entre os seareiros dos
móbiles chineses o Xiaomi Redmi Note 2, por
incorporar o procesador do HTC One M9+, o MediaTek Helio X10, que está a
converterse en todo un referente nos smartphones chineses por achegar unha
elevada potencia e un consumo axustado a un prezo reducido, o que levou a
fabricante chinés a repetir a súa aposta e renovar este terminal con detalles
que o permitirÃan competir cara a cara con outros dos produtos revelación dos
últimos meses, o
Zuk Z1, xa que tamén opta por acabado metálico, lector de pegadas dixitais
e baterÃa de alta capacidade.
O RedMi Note 3 chega
asà como un smartphone con pantalla Full HD de 5,5 polgadas, procesador Helio
X10, 2/3 Gb de RAM, 16/32 GB de almacenamento interno, cámara traseira de 13
MpÃxeles con flash duo-ton e frontal de 5 MpÃxeles con 36 perfÃs smart beauty, lector de pegadas dixitais
na súa parte traseira (capa de desbloquear o móbil en 0,3 segundos), Wi-Fi AC,
dobre SIM 4G, carcasa
metálica (en cor prata, gris escuro e ouro), baterÃa de 4.000
mAh de alta densidade (de xeito que consegue manter o terminal nun peso e
nunhas dimensións moi reducidas), un grosor de 8,65
milÃmetros, un peso de 164 gramos e sistema operativo MIUI 7 (baseado en
Android Lollipop).
O máis rechamante deste novo smartphone é que, pese ás súas elevadas
prestacións e o seu coidado acabado, consegue manter o prezo moi axustado, custando o seu
modelo con 2 GB de RAM e 16 GB de almacenamento interno só 899 iuans (132
euros), e o modelo con 3 GB de RAM e 32 GB de almacenamento só 1.099 iuans (161,41
euros). Uns smartphones que claramente van facer tremer a gama media durante os
vindeiros meses, poñéndollo realmente complicado aos grandes fabricantes, que
terán complicado xustificar os seus prezos.
- O Xiaomi Redmi Note 3 chegará en varias cores, coidado deseño e elevadas prestacións cun prezo moi axustado