O XaTcobeo, aÃnda no espazo e logo de dez meses en órbita
martes, 11 de decembro do 2012
O XaTcobeo, o satélite galego desenvolvido e lanzado ao espazo
por investigadores dos campus de Ourense e Vigo, vén de pasar a liña
dos dez meses en órbita. E, todo este tempo, operando sen pausa e
achegando información malia ter pasado, todo hai que dicilo (e era
de agardar, tendo en conta por onde se move), por condicións
realmente complexas para calquera tipo de aparello tecnolóxico. O
mérito é especialmente grande se temos en conta que a nosa terra
estréase co XaTcobeo nun eido, o da enxeñarÃa espacial, no que non
se tiña unha longa experiencia. Con todo, está fóra de toda dúbida
que os deberes fixéronse ben, xa que o satélite galego e máis o
que lanzou de xeito simultáneo a Universidade Tecnolóxica de
Bucarest son
os únicos representantes activos dos sete que se botaron ao espazo
no mes de febreiro deste mesmo ano, no foguete da Axencia
Espacial Europea (ESA).
Lembremos que o XaTcobeo xa
superou previamente calquera expectativa xerada o pasado 10 de
agosto, cando deixou atrás a liña das 180 xornadas en órbita,
achegando comunicación continuada cos investigadores e os estudantes
da estación de control de Vigo. E facilitando, deste xeito, tarefas
como por exemplo verificar o bo funcionamento do despregue de paneis
solares, levar a cabo os exames relativos á radiación solar e a
capacidade do aparello para aturala ou avaliar a resistencia contra
treboadas solares e altas temperaturas.
O XaTcobeo converteuse
nunha realidade grazas á contribución da Universidade de Vigo, que,
en colaboración co Instituto Nacional Técnica Aeroespacial (INTA),
puido desenvolver un proxecto punteiro, coordinando a oito grupos de
investigación, 30 doutores e 40 estudantes de postgrao.
O
XaTcobeo, lembraremos, é un
picosatélite que responde ao estándar de enxeñarÃa CubeSat, que
permite a construción de satélites a baixo custe e en prazos
breves, o que posibilita o acceso á tecnoloxÃa espacial para
empresas e universidades. Alumnado, docentes e investigadores da
Escola de EnxeñarÃa de Telecomunicación e da Escola de EnxeñarÃa
Industrial do Campus de Vigo e da Escola Superior de EnxeñarÃa
Informática do Campus de Ourense, foron os responsables do traballo
de deseño, desenvolvemento, fabricación e integración, levado a
cabo durante case catro anos.
