O Sony Xperia 1 chega a España a semana que vén
xoves, 30 de maio do 2019
Un dos smartphones que máis sorprendeu a moitos dos que
pasaron polo MWC de Barcelona fora o Sony Xperia 1,
por atreverse a adoptar un formato diferente ao habitual, xa que conta cunha
pantalla OLED 21:9 CinemaWide 4K HDR de 6,5 polgadas, ou sexa, que ten unha
pantalla ultrapanorámica, proporcións propia das pantallas de cine. A cámara
tripla deste teléfono (con tres lonxitudes focais: 16, 26 e 52 milÃmetros)
tamén presume de calidade profesional, de xeito que non teriamos un móbil apto
para o consumo de contidos cinematográficos, senón tamén para a súa produción.
O Sony Xperia 1 permite gozar dunha grande procesión de cor co seu novo modo Creator con tecnoloxÃa de CineAlta, de
xeito que permite dar vida ao contido tal e como se concibiu, e a nivel sonoro
tamén é incorpora Dolby Atmos e soporta tamén estándares de son en alta resolución
con ou sen fÃos.
AÃnda que en vertical a pantalla deste teléfono semella demasiado alta,
entenden que pode verse como unha vantaxe ao poder gozar dunha rica
multitarefa, partindo a pantalla en dous dun xeito doado, e podendo asÃ
realizar varias tarefas ao mesmo tempo (práctica tamén potenciada por
fabricantes como Samsung).
Como vén a ser habitual nos móbiles de alta gama, o Xperia 1 é resistente á
auga (IP65/68), ao po e aos impactos, e está equipado cun procesador Qualcomm
Snapdragon 855, xunto con 6 GB de RAM, de xeito que ten garantido un grande desempeño
con aplicacións esixentes e videoxogos.
O que por fin sabemos deste dispositivo é como vai chegar a España, xa que Amazon.es
por fin o ten listado por 949 euros con 128 GB de almacenamento interno, e
cunha data de saÃda fixada no 5 de xuño. Temos asà que este produto que poderÃa
semellar interesante poderÃa fracasar principalmente por ter un prezo
claramente desproporcionado, asà como cunha caracterÃstica que poderÃa chegar a
ser problemática: a súa baterÃa é de só 3.330 mAh (o que poderÃa ser
insuficiente para un smartphone tan potente de querer tirar proveito das súas
capacidades).
- O formato ultrapanorámico e a resolución 4K deste smartphone convérteno nun dispositivo moi atractivo para o consumo de cine