O Sony Ericsson Xperia Duo podería contar con 2 procesadores a 1,4 GHz

mércores, 13 de xullo do 2011 Marcus Fernández

Xa circula unha primeira imaxe do Xperia Duo

Sony Ericsson continúa a pisar forte cos seus móbiles con Android, e en distintos foros comeza a aflorar información sobre o futuro Xperia Duo, que sería un terminal cun procesador de dobre núcleo a 1,4 GHz, unha enorme pantalla de 4,5 polgadas cunha resolución qHD (960 x 540 píxeles), cámara de 12 Mpíxeles e unha batería de 2.500 mAh.
Aínda é cedo para dar prezos e datas de lanzamento, pero podería chegar despois do verán. Tamén parece confirmar que a resolución de pantalla qHD quere estandarizarse nos móbiles con Android de maior tamaño, achegándose á famosa pantalla Retina do iPhone 4, pero ofrecendo unha pantalla de maior tamaño, o que agradecen certos usuarios.

PUBLICIDADE